Juan José Moralejo
Juan José Moralejo Álvarez, nado en Santiago de Compostela o 23 de setembro de 1941 e finado na mesma cidade o 25 de maio de 2012[1], foi un filólogo galego, fillo do tamén lingüista zamorano-galego Abelardo Moralejo Laso e irmán de José Luis Moralejo e Serafín Moralejo.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1941 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 25 de maio de 2012 ![]() |
Formación profesional | Dereito e Filoloxía Clásica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Xénero artístico | Ensaio |
Familia | |
Pai | Abelardo Moralejo Laso ![]() |
Irmáns | Serafín Moralejo José Luis Moralejo ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Filoloxía Clásica pola Universidade Complutense de Madrid en 1971, foi catedrático de Lingua e Literatura Grega na Universidade de Santiago, na que exerceu docencia desde 1971. Foi Profesor de Lingua e Literatura grega e latina nas Universidades Complutense, de Navarra e de La Laguna. Ten colaborado en cursos, relatorios e conferencias en numerosas universidades, institucións e congresos.
Colaborador habitual do xornal La Voz de Galicia, obtivo o Premio Fernández Latorre de xornalismo en 1997.
Obra en galego
editarEnsaio
editar- A lingua galega hoxe, 1977, Galaxia.
- Guía para pilla-las troitas, miñas señoras, 1981, Xerais. 2ª edición ampliada en 2005 en Galaxia, publicada como As troitas, miñas señoras.
- A lingua galega e os seus problemas, 1982, Galaxia.
- Ambiente e principios ideolóxicos no teatro de Aristófanes, 1983.
- Bestiario helénico, 1991, La Voz de Galicia. Edición bilingüe galego-castelán.
Traducións
editar- Aristóteles. Política, 2003, Universidade de Santiago de Compostela.
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- Gramática de las inscripciones délficas (fonética y morfología): (siglos VI-III a. C.), 1973, Universidade de Santiago de Compostela.
- Callaica nomina: estudios de onomástica gallega, 2008, Fundación Barrié.
Obras colectivas
editar- Nuevos estudios de literatura griega, 1981, Fundación Pastor de Estudios Clásicos.
- Liber Sancti Jacobi: Codex Calixtinus, 2004, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago.
Notas
editar- ↑ "Finou o investigador e escritor Juan José Moralejo" Arquivado 30 de maio de 2012 en Wayback Machine., artigo en Sermos Galiza, 26 de marzo de 2012.