José Luis Moralejo
José Luis Moralejo Álvarez, nado en Santiago de Compostela en 1943, é un latinista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1943 (81 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Boloña |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario , tradutor |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Abelardo Moralejo Laso |
Irmáns | Serafín Moralejo e Juan José Moralejo |
Premios | |
Traxectoria
editarFillo de Abelardo Moralejo Laso (e irmán de Juan José Moralejo e Serafín Moralejo), é licenciado en Filosofía e letras na especialidade de Filoloxía clásica pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Letras clásicas pola Universidade de Boloña con premio extraordinario. Dende 1991 é catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Alcalá. Foi vogal da Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora, da Comisión de Avaliación do Profesorado de Andalucía e da Axencia de Avaliación da Calidade do Profesorado da Comunidade de Madrid (ACAP). É membro dos consellos asesores de varias revistas científicas internacionais[Cómpre clarificar] e asesor da Biblioteca Clásica Gredos. Tamén é membro do padroado da Fundación Pastor de Estudos Clásicos.
No ano 2009 foi galardoado co Premio Nacional de Tradución de España pola súa tradución ao castelán da obra Sátiras. Epístolas. Arte poética de Horacio[1].
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Premios MCU 2009 Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en castelán).
- "Roser Berdagué y José Luis Moralejo ganan el Premio Nacional de Traducción", El País, 2 de novembro de 2009. (en castelán)