Juan José Ballesta
Juan José Ballesta, nado en Madrid o 12 de novembro de 1987, é un actor español.
Juan José Ballesta | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Juan José Ballesta Muñoz |
Nacemento | 12 de novembro de 1987 |
Lugar | Parla |
Nacionalidade | España |
Profesión | actor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Comeza a súa carreira aos nove anos como actor cun pequeno papel na serie Querido maestro, onde traballou ó lado de actores como Imanol Arias, Emma Suárez, Jesús Bonilla ou Ana Duato.
Algo máis tarde viría o seu primeiro papel en cine, ás ordes de Achero Mañas en El Bola (2000), película que lle deu unha grande fama, ademais dun Premio Goya ó mellor actor revelación e lle abriu as portas para protagonizar moitas outras películas de éxito. Cabe destacar entre elas El viaje de Carol (2002), de Imanol Uribe; Planta Cuarta (2003), de Antonio Mercero ou a máis recente Siete Vírgenes (2005), de Alberto Rodríguez.
Interveu ademais na serie de televisión Compañeros, de Antena 3.
FilmografíaEditar
CinemaEditar
Ano | Película | Director |
---|---|---|
2007 | Ladrones | Jaime Marqués |
2006 | Cabeza de perro | Santi Amodeo |
2005 | 7 vírgenes | Alberto Rodríguez |
2003 | Los niños de San Judas | Aisling Walsh |
2002 | Mi casa es tu casa | Miguel Álvarez |
2002 | Planta 4ª | Antonio Mercero |
2002 | El embrujo de Shanghai | Fernando Trueba |
2002 | El viaje de Carol | Imanol Uribe |
2000 | El Bola | Achero Mañas |
CurtametraxesEditar
Ano | Curtametraxe | Director |
---|---|---|
2001 | El apagón | José María Caro |
TelevisiónEditar
Ano | Título | Director |
---|---|---|
2006 | Películas para no dormir: Regreso a Moira | Mateo Gil |
2000-2001 | Compañeros | Pablo Barera, César Vidal, Jesús del Cerro, José Ramón Ayerra |
1997-1998 | Querido maestro | Julio Sánchez Valdés |
PremiosEditar
- Premios del Círculo de Escritores Cinematográficos
- 2001: Mellor Actor por El Bola, de Achero Mañas.
- 2001: Nomeamento a Mellor Actor Revelación por El Bola, de Achero Mañas.
- Premios Fotogramas de Plata
- 2006: Nomeamento a Mellor Actor de Cine por Siete Vírgenes, de Alberto Rodríguez.
- Premios Goya:
- 2001: Mellor Actor Revelación por El Bola, de Achero Mañas.
- 2006: Nomeamento a Mellor Actor por Siete Vírgenes, de Alberto Rodríguez.
- Festival Internacional de Cine de Donostia - San Sebastián.
- 2006: Mellor Actor por Siete Vírgenes, de Alberto Rodríguez.
- Unión de Actores
- 2001: Mellor Actor Revelación por El Bola, de Achero Mañas.