Juan Francisco Ordóñez

músico e compositor dominicano

Juan Francisco Ordóñez González, nado en Santo Domingo o 4 de outubro de 1961, é un músico e compositor de República Dominicana. Como guitarrista, desenvolveu un novo e particular linguaxe no seu instrumento, incorporando elementos de blues, rock e jazz á súa forma particular de executar[1].

Juan Francisco Ordóñez
Nome completoJuan Francisco Ordóñez González
Data nacemento4 de outubro de 1961 (62 anos)
Nado enSanto Domingo
Ocupacióncompositor, músico de jazz, guitarrista e guitarrista de jazz
Instrumento(s)guitarra
Relacionado conLuis Días Víctor Víctor
Na rede
https://www.facebook.com/Juan-Francisco-Ordóñez-143283895701368/?
IMDB: nm2559127 MySpace: juanfranciscoordonez Musicbrainz: 10923751-dc14-4098-b673-6768916b6608 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Realizou os seus estudos básicos no Colexio Dominicano de La Salle e licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade Autónoma de Santo Domingo. Á idade de 11 anos, entra á escola de música “Salvador Sturla” e comeza súo aprendizaxe de guitarra da man do profesor Blas Carrasco. Anos máis tarde, estuda harmonía e solfexo coa profesora Sonia de Piña.

A fins dos anos 70, incorpórase a Convite, grupo músico-vogal pioneiro no rescate dos ritmos folclóricos da illa.

En 1982 funda con Luis Días e outro músicos Transporte Urbano, grupo considerado creador auténtico do Rock dominicano.[2]. Ordoñez será o guitarrista líder desta banda por mas de vinte anos.

No ano 1985, Ordóñez viaxou a Moscova, dentro do marco do “Festival Mundial de la Juventud y los Estudiantes”, onde se presentou con Luís Días e a cantante dominicana de blues Patricia Pereyra.

En 1986 crea o trío de fusíon OFS, con Guy Frómeta (batería) e Héctor Santana (baixo), e viaxará en abril do 1986 a Lima, a presentarse con Sonia Silvestre no “Festival de la Nueva Canción Latinoamericana”[3]. En xuño viaxa a Montreal, como acompañante da cantante Patricia Pereyra na cuarta edición do "Carnaval du Soleil".

En 1992 crea Trilogía, novo trío de fusión, pero nunha versión máis caribeña, xunto a Héctor Santana e o percusionista Chichí Peralta [4].

Desde comezos da década de 2000 pasa a ser director do grupo La Vellonera, acompañando ao compositor e cantante Víctor Víctor nas súas presentacións e gravacións[5].

Labor Profesional editar

Ordóñez realizou unha labor docente como profesor de varias xeracións de guitarristas. Como profesional da guitarra, traballou en estudos de gravación e en presentacións en vivo para os máis diversos artistas e grupos do seu país, de Iberoamérica e de España [6]. Realizou arranxos para cancións, jingles publicitarios e bandas sonoras de películas como na curtametraxe dominicana Frente al mar (sobre un conto de Hilma Contreras, Premio Nacional de literatura 2002) e Azucar amargo de León Ichaso[7].

Tamén, participou en sesións en directo con músicos de jazz como Paquito de Rivera, Charlie Haden[8]. e Don Cherry.

Discografía editar

  • Trilogía, editado en casete en 1988 e reeditado como CD por Patín Bigote Music en 2004[9].
  • Cabaret Azul, coproducido con Patricia Pereyra en 1989 e reeditado por TEREKE[10].
  • Radio Recuerdo, editado en 2001 pola fundación Madora[11].

En 2005 realiza os labores de guitarrista, arranxador e coprodutor do disco Bachata entre Amigos. Neste traballo, cantautores como Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Pedro Guerra, Silvio Rodríguez, Pablo Milanés, Fito Páez e Víctor Manuel, entre outros, interpretan na súa propia voz e a dúo con Víctor Víctor as súas cancións a ritmo de bachata[12].

Bibliografía editar

Notas editar

  1. Elías, C. F.: "Juan Francisco Ordoñez: un invento dominicano en el emotivo sonido de la guitarra". Artigo en Listín Diario, 1 de agosto de 1990 (en castelán).
  2. "Biografía de Luis Terror Días", artigo de Jaime Stepan en www.galipote.mx (en castelán). (acceso o 30 de agosto de 2008).
  3. Puello, Z.: "Arte y Artistas", artigo en Listín Diario, 9 de abril de 1986 (en castelán).
  4. Mena, M.: "Juan Francisco Ordóñez o una buena apuesta de jazz", artigo en Ventana-Listín Diario (10 de abril de 1994) (en castelán).
  5. "Victor Explota su lado revolucionario", artigo en www.perspectivaciudadana.com (en castelán).(acceso o 30 de agosto de 2008).
  6. "Vivirá, homenaje a Juan Bosch", artigo en migapich.blogspot.com (en castelán). (acceso o 25 de agosto de 2008)
  7. Azúcar amarga na Imdb (en inglés).
  8. Frías Guerrero, J. I.: "A propósito de la visita de Charlie Haden", artigo en Listín Diario do 25 de marzo de 1990 (en castelán).
  9. "Concursos" Arquivado 20 de xuño de 2009 en Wayback Machine., en www.patinbigote.com (en castelán).
  10. Ficha en www.tagtuner.com (en castelán); ficha en www.music-db.org Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán).
  11. Artigo en www.cielonaranja.com (en castelán)(acceso o 15 de agosto de 2008).
  12. "Bachata entre Amigos", artigo en www.answers.com (en castelán) (acceso 5 de xuño de 2008).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar