Juan Fernández (baloncestista)

baloncestista arxentino
(Redirección desde «Juan Fernández (baloncesto)»)

Juan Francisco Fernández, nado o 21 de novembro de 2002 en Santa Fe, é un xogador de baloncesto profesional internacional arxentino. Formado nas categorías inferiores do Club Atlético Unión e do Baloncesto Fuenlabrada, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 2,10 m, xoga na posición de pivote.[2]

Juan Fernández
Río Breogán  – No. 21
Información persoal
Nacemento 21 de novembro de 2002 (21 anos)
Santa Fe, Arxentina
Altura 2,10 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Pivote
Liga ACB / Champions League
Información da carreira
Internacional 4 veces
Carreira 2021−presente
Historial de equipos
Baloncesto Fuenlabrada (2021–2023)
Río Breogán (2022−presente)

Traxectoria editar

Nado en Santa Fe, na Arxentina, Fernández formouse nas categorías inferiores do Club Atlético Unión, club da súa cidade natal.[3] En 2019 cruzou o Atlántico para unirse á canteira do Baloncesto Fuenlabrada, equipo co que debuta na Liga ACB o 14 de novembro de 2021 ante o Real Madrid no Polideportivo Fernando Martín. Tras dúas temporadas na máxima categoría co equipo castelán, após o descenso deste último o 15 de xullo de 2023 anúnciase a súa fichaxe polo Río Breogán da ACB.[1]

Clubs editar

Ao longo da súa carreira, Fernández ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Juan Fernández, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 15 de xullo de 2023. Consultado o 15 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Juan Fernández, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 15 de xullo de 2023. 
  3. "Juan Fernández pone el acento argentino al Río Breogán". Marca (en castelán). 15 de xullo de 2023. Consultado o 15 de xullo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar