Josh Freese
Josh Freese , nado o 25 de decembro de 1972 en Orlando (Florida), é o actual batería da banda de rock alternativo A Perfect Circle. Tocou tamén con Nine Inch Nails dende finais do 2005 ata finais do 2008 e con Guns N' Roses dende mediados de 1998 ata o ano 2001. Freese aparece en arredor dos 300 discos, debido ao seu traballo como músico de estudio.
Josh Freese | |
---|---|
![]() | |
Data nacemento | 25 de decembro de 1972 (50 anos) |
Nado en | Orlando, Florida, Estados Unidos ![]() |
Irmáns | Jason Freese |
Ocupación | batería, compositor, compositor de cancións, produtor musical, guitarrista e Músico de sesión |
Instrumento(s) | batería |
Relacionado con | A Perfect Circle, Nine Inch Nails, Devo, The Vandals, Daughtry, Sting, Paul Westerberg, Guns N' Roses, Ween, The Offspring, Weezer, Desert Sessions, Ashes Divide, Slash |
Tempo en activo | 1988 - actualidade |
Na rede | |
http://www.joshfreese.com e https://www.thejoshfreese.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Biografía Editar
Josh naceu o 25 de decembro de 1972 en Orlando (Florida), pero pouco despois a súa familia mudouse a California. Influenciado polo pai, que era mestre da banda de Disneylandia, e a nai, pianista, comezou a tocar a batería con 7 anos. Aos 12 xa tocaba profesionalmente en Disneylandia, e aos 15 xa facía xiras con Dweezil Zappa (filla de Frank Zappa) e despois con The Vandals. Nos seguintes 15 anos Freese traballou con artistas moi respectados, tanto como batería de sesión como substitución temporal. Actualmente é membro das bandas The Vandals, Devo e A Perfect Circle, e toca en directo con Weezer.
Traballo en solitario Editar
En 1998 Freese gravou (interpretando todos os instrumentos) un feixe de cancións compostas por el. O resultado foi un EP de seis temas titulado Destroy Your Mom As Soon As Possible, editado baixo o nome "Princess" polo selo T.O.N/Stone Lizard Records.
No ano 2000 as cancións "Caffeine and Vaseline" e "Rock N' Roll Chicken" foron rescatadas para o álbum de 12 temas The Notorious One Man Orgy, nesta ocasión editado baixo o nome de Josh Freese polo selo Kung Fu Records. Como artistas convidados aparecen no disco Stone Gossard, Warren Fitzgerald, Michael Ward, Lyle Workman, e o seu irmán Jason Freese.
Josh editou o seu segundo álbum, Since 1972, a través da súa páxina web o día 24 de marzo do 2009.