Joseph Kabila
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Joseph Kabila, nado o 4 de xuño de 1971, é o presidente da República Democrática do Congo desde o asasinato do seu pai Laurent-Désiré Kabila en xaneiro de 2001, no transcurso da Segunda Guerra do Congo.
Joseph Kabila | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de xuño de 1971 |
Lugar de nacemento | Hewa Bora |
Nacionalidade | República Democrática do Congo |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Alma máter | Universidade Makerere, Washington International University, PLA National Defence University e University of Johannesburg |
Ocupación | xardineiro, político e militar |
Pai | Laurent-Désiré Kabila |
Cónxuxe | Olive Lembe di Sita |
Irmáns | Zoé Kabila, Jaynet Kabila, Aimée Kabila Mulengela e Gloria Mteyu |
Premios | Ordem da República da Sérvia e National Order of the Leopard |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Gañou as eleccións presidenciais de 2006 polo que continuou no cargo. O seu partido político é o Partido do Pobo para a Reconstrución e a Democracia.
Intentou deter a guerra civil e facer que se retiraran as tropas estranxeiras do Congo con certo éxito. Tras un acordo de paz, unha administración temporal púxose en marcha en 2003. Nela incluíronse ós xefes dos dous principais grupos rebeldes nos cargos de vicepresidentes. Coa fin de organizar eleccións antes da fin de 2005, distribuíronse os cargos proporcionalmente.
O 28 de marzo de 2004 os seguidores do antigo presidente Mobutu Sese Seko intentaron derrocar ó fillo de Kabila mediante un golpe de estado.
Desde a súa chegada ó poder, Joseph Kabila debeu facer fronte a continuas guerras no leste do Congo ou ás forzas rebeldes internas ou apoiadas polos gobernos veciños (Uganda e Ruanda) que fan reinar a inestabilidade mediante a violencia, o crime e a pillaxe dos recursos mentres a comunidade internacional parece desviar a mirada. Os rebeldes séntense ademais motivados por cousas distintas á obtención da vitoria e o control das minas de ouro e diamante: que Kabila permita que os antigos xenocidas hutus se rearmen e realicen incursións militares en Burundi. Tanto Ruanda como Burundi desexan acabar co período de inestabilidade da rexión dos Grandes Lagos, así como dar caza ós milicianos que se reagrupan ó leste do Congo.
En outubro de 2021, Joseph Kabila defendeu a súa tese de graduación na Universidade de Johannesburgo. Concedéuselle un máster en ciencias políticas e relacións internacionais ao remate dos seus estudos de cinco anos de duración.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Joseph Kabila |