Partido do Pobo para a Reconstrución e a Democracia
O Partido do Pobo para a Reconstrución e a Democracia (Parti du Peuple pour la Reconstruction et le Démocratie (PPRD), en francés) é un partido político da República Democrática do Congo. É a estrutura política que sostén ao actual presidente do país, Joseph Kabila. Un dos vicepresidentes do país, Abdoulaye Yerodia Ndombasi, tamén é membro deste partido. Nas eleccións xerais de 2006, o partido conseguiu 111 escanos de 500 posibles na Asemblea Nacional. É o primeiro partido en número de escanos na Asemblea e no Senado.
Partido do Pobo para a Reconstrución e a Democracia | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Socialdemocracia |
Data de fundación | 2002 |
Fundador(es) | Joseph Kabila |
Presidente/a | Évariste Boshab (en) ![]() ![]() |
Sede | Gombe |
País | República Democrática do Congo |
Na rede | |
http://www.pprd-rdc.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |