Joseph Bédier, nado en París en 1864 e finado en 1938, foi un escritor e filólogo francés, un dos máis importantes romanistas de comezos do século XX.

Infotaula de personaJoseph Bédier

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Charles Marie Joseph Bédier Editar o valor em Wikidata
28 de xaneiro de 1864 Editar o valor em Wikidata
6.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de agosto de 1938 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Le Grand-Serre, Francia Editar o valor em Wikidata
Presidente Alianza Francesa
1934 – 1937
← Raymond Poincaré
Administrador
1929 – 1936
← Maurice Croiset (pt) TraducirEdmond Faral (pt) Traducir →
Cadeira 31 da Academia Francesa (pt) Traducir
3 de xuño de 1920 – 29 de agosto de 1938
← Edmond RostandJérôme Tharaud (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure
Liceo Louis-le-Grand Editar o valor em Wikidata
Director de teseGaston Paris (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia da literatura e Filoloxía románica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncatedrático , filólogo , crítico literario , romanista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1903–1936)
Universidade de Caen (pt) Traducir
Universidade de Friburgo, Suíza
Sorbona Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa, lingua alemá, lingua italiana, lingua castelá e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FillosJean Bédier (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiAdolphe Bédier (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsÉdouard Bédier (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX826306 Dialnet: 2362213 Musicbrainz: b0202e49-8b76-42c1-ad20-2defe003c447 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en París pero a súa infancia e adolescencia pasou na terra de seu pai, a illa de Reunión. En 1883 ingresou na École Normale, onde permaneceu ata a súa graduación. Asistente habitual ás conferencias que ofrecían a École des Hautes Études e Collège de France, o que lle permitiu coñecer a Gaston Paris, que se converteu no seu mestre. Frecuentou tamén a Universidade de Friburgo, confesionalmente católica, que se viña de inaugurar, pero Bedier, agnóstico, non se sentía cómodo nese ambiente. Volveu a Francia en 1891 para ocupar unha praza na Facultade de Letras de Caen. Casou con Eugénie Bizarelli e con ela tivo tres fillos. Publicou artigos nas revistas Romania e Revue des Deux Mondes.

Cando en 1914 estoupa a guerra, a situación muda completamente. Foi asesor do Estado Maior polos seus coñecementos da lingua alemá, permanecendo afastado da docencia toda a guerra. En 1920 ingresou na Académie française, en substitución de Edmond Rostand. En 1929 foi elixido director do Collège de France. O seu labor administrativo restoulle tempo á súa carreira investigadora, con moi escasas publicacións despois desa data.

Bédier dedicou a súa vida ó estudo das obras máis relevantes da literatura medieval francesa, destacando a súa preocupación polo problema das orixes. Clasifica e compara todo ese corpus e chega á conclusión que a tradición era menos rica e variada do que se crera ata entón, e que os textos máis antigos posúen un fondo común de elementos, dispostos nunha orde constante, que se poderían remontar á mesma orixe.

A fama e o recoñecemento chéganlle en 1900 coa publicación do Roman de Tristan et Iseut, unha historia ata entón descoñecida para o gran público francés. Entre 1920 e 1924 traballou, xunto a Paul Hazard nunha Histoire illustrée de la littérature française. Entre as súas obras tamén destaca a edición da Chanson de Roland, así como diversos estudos dedicados á épica medieval e ás cuestións relacionadas coas orixes das obras clave da literatura francesa antiga. Un deles, Légendes épiques, recherches sur la formation des chansons de geste, postula unha tese individualista respecto á creación das xestas, considerando ás obras como son nos textos existentes no canto de procurar hipotéticos modelos perdidos das cancións de xesta.

Listaxe de obras

editar
  • Le Lai de l’ombre (1890)
  • Le Fabliau de Richeut (1891)
  • Les Fabliaux, études de littérature populaire et d’histoire littéraire du Moyen Âge (1893)
  • De Nicolao Museto (gallice Colin Muset), francogallico carminum scriptore (1893)
  • Le Roman de Tristan et Iseut (1900)
  • Le Roman de Tristan par Thomas (2 volumes, 1902-05)
  • Études critiques (1903)
  • Les Deux Poèmes de la Folie Tristan (1907)
  • Légendes épiques, recherches sur la formation des chansons de geste (1908-13)
  • Les Chansons de croisade (1909)
  • Les Chansons de Colin Muset (1912)
  • Les Crimes allemands d’après les témoignages allemands (1915)
  • Comment l’Allemagne essaie de justifier ses crimes (1915)
  • L’Effort français (1919)
  • La Chanson de Roland (édition critique, 1920)
  • La Chanson de Roland (d'après le manuscrit d'Oxford, 1922)
  • Commentaires sur la Chanson de Roland (1927)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar