Josep Antoni Duran i Lleida
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Josep Antoni Duran i Lleida, nado en Alcampell (Huesca) o 27 de marzo de 1952, é un político catalán ligado a Unió Democràtica de Catalunya. É diplomado en Comunidades Europeas polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España.
Josep Antoni Duran i Lleida ![]() | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de marzo de 1952 |
Lugar de nacemento | Alcampell |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | político e avogado |
Premios | Creu de Sant Jordi, Commander of the Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Dereito. Comezou a súa carreira política exercendo o cargo de tenente de alcalde do Concello de Lleida. Ao ano seguinte deixou este cargo para ser nomeado Director Xeral de Asuntos Interdepartamentais da Generalitat de Cataluña. En 1982 foi elixido deputado nacional e nomeado delegado Territorial da Generalitat en Lleida. En 1986 foi reelixido, por terceira vez, como deputado. Durante 1986 e 1987 foi eurodiputado. En 1999 foi elixido como deputado ao Parlamento de Cataluña sendo nomeado conselleiro de Gobernación da Generalitat (cargo que exerceu ata 2001). Foi nomeado o ano 2003 fillo ilustre de Alcampell; ao acto asistiu o presidente da Deputación Xeral de Aragón, Marcelino Iglesias.
Actualmente é deputado por Barcelona elixido nas eleccións xerais de 2008, reelixido nas adiantadas do 20 de novembro de 2011, e portavoz do Grupo Parlamentario catalán (CIU) (GC-CIU). É ademais, presidente do Comité de Goberno de Unió Democrática de Catalunya (UDC), cargo que desempeñou no período 1982-1984 e desde 1987 ata a actualidade, e, desde 2001, Secretario Xeral de Convergència i Unió (CIU).
En 2004 foi elixido Presidente da Comisión permanente de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, cargo que repetiu en 2008 e 2011.
Hai que apuntar que foi vicepresidente da Internacional Demócrata Cristiá e que ocupa a Presidencia de Honra da Cámara de Comercio de Chile en Barcelona.
En novembro de 2011 era o quinto político mellor valorado, por detrás de Rosa Díez, Uxue Barkos, Mariano Rajoy e Alfredo Pérez Rubalcaba.[1]
NotasEditar
- ↑ [1] Arquivado 05 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. La Vanguardia 2011-11-10
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Blog oficialArquivado 15 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en catalán)