Uxue Barkos

política española

Miren Uxue Barkos Berruezo,[1] nada en Pamplona o 5 de xullo de 1964, é unha política Navarra, presidenta do Goberno de Navarra entre 2015 e 2019.[2] Defínese a si mesma como progresista, vasquista,[3] abertzale e independentista.[4] Deputada no Congreso de 2004 a 2015 (durante as lexislaturas VIII e IX en representación de Nafarroa Bai, e durante a X Lexislatura en representación de Geroa Bai), tamén foi voceira de Nafarroa Bai no Concello de Pamplona dende 2007 até 2015. Dende setembro de 2011 lidera a asociación Zabaltzen, integrada na coalición Geroa Bai pola que foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Navarra de 2015.

Modelo:BiografíaUxue Barkos

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(eu) Uxue Barkos Berruezo Editar o valor en Wikidata
5 de xullo de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Navarra
19 de xuño de 2019 – 27 de maio de 2023
Presidencia do Goberno de Navarra
20 de xullo de 2015 – 6 de agosto de 2019
← Yolanda BarcinaMaría Chivite →
Deputada do Parlamento de Navarra
17 de xuño de 2015 – 18 de xuño de 2019
Deputada de España
5 de decembro de 2011 – 1 de xuño de 2015 – Bixente Serrano Izko →

Circunscrición electoral: Navarra

Deputada de España
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Navarra

Concelleira de Pamplona
16 de xuño de 2007 – 13 de xuño de 2015
Deputada de España
30 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008

Circunscrición electoral: Navarra

Datos persoais
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Pamplona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, política Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEITB Editar o valor en Wikidata
Partido políticoNafarroa Bai (2014–2015)
Geroa Bai (2012–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webuxuebarkos.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5306449

Traxectoria

editar

Estudou na ikastola San Fermín. É Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, e está casada e ten un fillo.

Traballou como locutora en RNE e TVE en Navarra, no xornal Navarra Hoy e en 1990 en Euskal Telebista (ETB), onde ten realizado labores de redacción na súa corresponsalía de Pamplona, posteriormente no centro de Informativos de Iurreta e na corresponsalía de ETB en Madrid.

Foi deputada por Navarra elixida nas listas da coalición nacionalista vasca Nafarroa Bai ('Navarra Si' en éuscaro), aínda que no Congreso dos Deputados estaba integrada no grupo mixto.

  1. Casa Real
  2. Diario, Nós (2015-07-20). "Nafarroa estrea presidenta vasquista e bota o fecho a 20 anos de dereita". Nós Diario. Consultado o 2022-11-27. 
  3. Barkos: "Seré la voz de los navarros vasquistas y progresistas" Arquivado 29 de xuño de 2012 en Archive.is, Deia, 20 de decembro de 2011.
  4. Entrevista a Uxue Barkos Arquivado 28 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Gara, 11 de novembro de 2011.