José Tomé

político galego

José Tomé Roca, nado en Guitiriz o 3 de setembro de 1958, é un político galego do PSdeG-PSOE.

José Tomé
Nacemento3 de setembro de 1958
Lugar de nacementoGuitiriz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Profesor de Tecnoloxía Agraria na Escola de Capacitación Agraria de Monforte de Lemos. Foi Secretario Xeral de UGT Lemos e concelleiro en Monforte de Lemos polo PSdeG-PSOE.

Nas eleccións autonómicas de 2005 foi elixido deputado e volveu ser elixido nas autonómicas de 2009, aínda que causou baixa o 6 de setembro de 2011.

Foi Tenente de Alcalde do concello de Monforte na lexislatura de 2011 a 2015, durante a alcaldía de Severino Rodríguez Díaz. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG e foi elixido alcalde. Nas eleccións municipais de 2019 volveu encabezar a candidatura do PSdeG e acadou unha ampla maioría absoluta o que lle permitiu revalidar o cargo de alcalde de Monforte de Lemos.

Desde 2019 é presidente da Deputación de Lugo.


Predecesor:
Severino Rodríguez Díaz
  
Alcalde de Monforte de Lemos
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo


Predecesor:
Darío Campos Conde
  
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo


Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar