Abrir o menú principal

José Rodríguez Sangiao, nado na Estrada e finado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937, foi un político galego.

José Rodríguez Sangiao
José Rodríguez Sangiao (cropped).jpg
 A Estrada
Falecemento5 de xuño de 1937
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Chapista, traballou na Coruña, Ferrol, Betanzos e finalmente, o 1 de abril de 1929, abriu no lugar da Costa (na saída da Estrada cara Cereixo) xunto co seu socio, José Campañó, un taller de “carrocerías para automóviles, pintura al Duco, soldadura autógena y cerrajería artística en general”.

Como directivo da Sociedade Agrícola de Guimarei, foi procesado en 1932 polo conflito que se vivía na parroquia entre o Sindicato e o Mestre, aínda que a súa causa foi sobresaída. Presidiu ese mesmo ano a Festa Escolar de Guimarei, en calidade tamén de presidente do Comité Executivo da Federación de Labradores.

José Rodríguez Sangiao, xunto con outros veciños de Guimarei remataron aliñándose cada vez máis co PCE, quizais como consecuencia da situación de tensión que se viviu na parroquia. O 5 de maio de 1936, logo do triunfo do Fronte Popular, restitúense as corporacións elixidas democraticamente; máis na Estrada, logo de 5 anos sen eleccións e con diversas renuncias, a corporación xa non tiña quórum e foi preciso nomear por orde gobernativa unha comisión xestora. Non en tanto, respectouse aos cargos electos e mesmo volveu a escollerse ao alcalde que existía en 1934, Jesús Puente Fontanes. Foi entón cando entrou como 5º tenente de alcalde José Rodríguez Sangiao, xa coa adscrición comunista -o único que a tivo, aínda que logo lla imputaron a case todos- e ocupou a Concellería de Instrución Pública.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte.

Véxase taménEditar