José Pardiñas y Villalobos
José Pardiñas Villalobos Soto Romero de Caamaño, nado na provincia da Coruña no século XVIII, foi un escritor galego en lingua castelá.
Nome orixinal | José Pardiñas Villalobos Soto Romero de Caamaño |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XVIII Provincia da Coruña, España |
Morte | ? |
Q89547790 | Varones ilustres de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Ana de Zeda (Cádiz) |
Parentes | García Pardiñas Villar de Francos |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Diccionario bio-bibliográfico de escritores Dicionario biográfico de Galicia |
Traxectoria
editarCon casa patrucial en Bergantiños, foi fillo de Juan Antonio Pardiñas e de Josefa Romero e parente do escritor Antonio Rioboo y Seijas e do bispo de Tarazona García Pardiñas Villar de Francos. Casou con Ana de Zeda o 1 de febreiro de 1761 en Cádiz. En 1782 o matrimonio estableceuse en Galicia. Mantivo amizade, e correspondencia, con José Cornide Saavedra.
Entre 1772 e 1782 recompilou o Breve compendio de los varones ilustres de Galicia, de varios autores. O manuscrito conservouse na biblioteca provincial de Cádiz ata que foi editado en 1887 na Coruña dentro da Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar.[1] Chegou a reunir unha colección de máis de seis mil refráns, que recolleu de varios autores.
Antonio López Ferreiro cre que José Pardiñas foi capelán do coro da Catedral de Santiago de Compostela e irmán de Francisco, párroco da Capela da Corticela da mesma catedral. Manuel Murguía cría que era natural de Santiago de Compostela.[2]
Obras
editar- Breve compendio de los varones ilustres de Galicia, nativos y próximos originarios, esclarecidos en virtudes, literatura y dignidades eclesiásticas, con algunas cortas relaciones de sucesos particulares, Martínez Salazar, A Coruña, 1887.
- Colección de refranes sueltos recogidos de varios autores, desde el año de 1771 hasta el 1780, en todo 6.243 refranes.
- Sujetos gallegos ilustres en armas, dous volumes.
Notas
editar- ↑ Breve compendio de los varones ilustres de Galicia na Biblioteca Digital Hispánica, BNE.
- ↑ "Pardiñas y Villalobos, José". Gran Enciclopedia Galega (DVD). 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bouza-Brey, F. (1945). "Noticias biográficas del escritor del siglo XVIII Pardiñas Villalobos". Boletín de la RAG (en castelán) (285-288): 453–460. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 07 de abril de 2019.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 23.
- "Pardiñas Romero Villalobos, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 62.
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: José Pardiñas y Villalobos |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- G. Besada, A. (xuño de 1887). "Libros viejos. El manuscrito original de Don José Pardiñas Villalobos Soto y Romero de Caamaño, Breve compendio …". Galicia (en castelán) (6): 311–314.