José Pérez Iglesias

profesor e político galego

José Pérez Iglesias, nado en Orega (Leiro) o 2 de xullo de 1952, é un profesor e político galego do PPdeG.

Infotaula de personaJosé Pérez Iglesias
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Orega, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou no seminario e despois pasou ao Colexio Cisneros. Fixo o bacharelato no IES Otero Pedrayo e a carreira de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Xeografía e Historia no IES de Ribadavia, do que foi director entre 1986 e 1995. Militou no PNG. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura Independentes Concello de Ribadavia, logrando 2 concelleiros e sendo a chave de goberno. Desta forma, apoiou ó candidato do PPdeG Jaime Dávila Sánchez e pasou a ser tenente de alcalde e concelleiro de Cultura. Posteriormente integrouse no PPdeG, e encabezou a súa candidatura en substitución de Dávila nas municipais de 1999. En ditas eleccións foi a forza máis votada e foi elixido alcalde co apoio do único concelleiro de Jóvenes Populares do Ribeiro, o cal foi expulsado da formación por formar goberno cos populares de costas á organización. Durante este mandato chegou a ocupala presidencia da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro.

En 2002 perdeu a maioría de goberno tras cesar no mes de febreiro a unha das edís do grupo popular[1]. En novembro cesaría ó edil electo por Jóvenes Populares[2]. Nas municipais de 2003 pese a volver a sela forza máis votada non obtivo a maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía tras logralo PSdeG-PSOE un pacto co BNG. Nas municipais de 2007 foi superado polo PSdeG, polo que permaneceu como portavoz do PPdeG na oposición ata o final do mandato no 2011. En 2012 foi nomeado director do SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) en Ourense.[3]


Predecesor:
Jaime Dávila Sánchez
  
Alcalde de Ribadavia
 
1999 - 2003
Sucesor:
Marcos Blanco Jorge

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar