José Mejuto Bernárdez

mecánico e sindicalista galego

José Mejuto Bernárdez, nado en Coiro (Cangas) o 19 de marzo de 1906 e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un mecánico e sindicalista galego.

José Mejuto Bernárdez
Nacemento19 de marzo de 1906
 Cangas
Falecemento27 de xullo de 1937
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Sobriño de Ángel Bernárdez Rodríguez. Fórmouse na Escola Industrial de Vigo e traballou en talleres de Bouzas e Vigo dende 1928. Mecánico naval con inquietudes culturais e políticas: afiliado á UGT de Vigo, foi representante da Zona 8ª da Federación Sidero-Metalúrxica no Comité Nacional en 1932. Segundo testemuño oral de J. Nores Rodríguez, José Mejuto e Emilio Nores Rodríguez formaron a primeira célula comunista en Cangas[1]. Casou en 1930 con Alejandra Nogueiras Lagoa e estableceu taller propio en Cangas. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 seguiu residindo en Cangas, ameazado polos falanxistas entre os que se atopan algúns dos seus parentes políticos. Viaxaba de cando en vez a Vigo para intentar vender unha propiedade. Por ese motivo, quedou o 20 de setembro en Teis, onde vivían as súas medias irmás e alí foi detido no curso dunha redada, aínda que o seu nome non estaba na lista que levaban a Garda Civil e os membros das JAP. Os informes enviados pola Garda Civil de Cangas determinan o seu encarceramento. Preso no Frontón de Vigo e na illa de San Simón, foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar e sentenciado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937 con Antonio Fernández Fernández, José Gallego Nogueira e José Meis Martínez o 27 de xullo de 1937.

Durante o tempo que estivo preso na illa de San Simón escribiu cartas á familia que deixaba na casa: a súa muller Alejandra Nogueira Lagoa, á irmá Carmen, á nai Josefa e aos catro fillos menores de sete anos, Isabel, Josefina, Fernando e Manuel. Conserváronse 35 cartas, cuxas copias foron doadas polos descendentes que residen en Buenos Aires desde principios dos 50 en 2013 á Real Academia Galega[2]. Publicadas en libro, os orixinais foron entregados á institución o 3 de marzo de 2017[3].

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar