José María Seoane

actor galego

José María Seoane Buján, nado en Vigo o 13 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 7 de xullo de 1989, foi un actor galego.

Infotaula de personaJosé María Seoane
Biografía
Nacemento(es) José María Seoane Buján Editar o valor em Wikidata
13 de setembro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xullo de 1989 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1941 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRosita Yarza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0784585 Allocine: 251407 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi membro da Agrupación Martín Códax de Vigo, na cal desenvolveu un activo traballo interpretativo e chegou a exercer de director escénico.[1]

Participou da man do director de escena Luis Escobar no auto El hospital de los locos na década de 1940. Nos seguintes anos converteuse en primeira figura dos Teatros Español (do que chegou a converterse en primeiro actor na década de 1940) e María Guerrero de Madrid, nos que tivo ocasión de interpretar grandes clásicos como Cyrano de Bergerac, La vida es sueño, Otelo e, en varias ocasións encabezou o elenco de Don Juan Tenorio, de José Zorrilla xunto á súa esposa Rosita Yarza.

Debutou na gran pantalla coa película Porque te vi llorar (1941) de Juan de Orduña, á que seguiron máis de 40 títulos até La guerrilla (1972), de Rafael Gil.

Falecido por mor dunha insuficiencia renal en 1989,[2][3] tivo dous fillos, Alfonso e José María.

Filmografía editar

Filmes
Ano Título Papel
1941 Porque te vi llorar José Ignacio
1941 Sarasate
1941 La doncella de la duquesa
1942 Primer amor
1942 ¡Qué contenta estoy!
1943 ¡¡Campeones!! Julio
1943 Canelita en rama Rafael
1943 El abanderado Tenente Ruiz
1943 Rosas de otoño
1944 Y tú, ¿quién eres?
1944 La vida empieza a medianoche
1944 Tuvo la culpa Adán
1947 Don Quijote de la Mancha Cardenio
1947 Mariona Rebull Joaquín Rius
1948 Dos mujeres en la niebla
1948 María de los Reyes
1948 La fiesta sigue Cristóbal
1949 Aquellas palabras Padro Carlos
1949 Una noche en blanco Raúl
1949 Noche de celos
1949 La tienda de antigüedades
1950 La noche del sábado Leonardo
1951 Cerca del cielo Enrique Campos
1952 Último día Manolo Campos
1953 A dos grados del ecuador Rafael Mendoza
1953 El curioso impertinente Anselmo
1955 La cruz de mayo Antonio Jiménez
1956 La bandera negra
1958 El hincha
1958 Farmacia de guardia
1960 Ama Rosa Enrique
1960 El indulto Xuíz
1962 Historia de una noche Eduardo
1962 La reina del Chantecler Conde
1963 Chantaje a un torero
1964 La chica del trébol
1964 Alféreces provisionales Señor Baraibar
1964 Una madeja de lan azul celeste
1964 El señor de La Salle Chetardye
1965 El Zorro cabalga otra vez Don Antonio
1965 El secreto de Bill North
1965 La vida nueva de Pedrito de Andía
1965 La otra orilla
1966 La mujer perdida
1967 Los chicos del Preu
1967 El enigma del ataúd Inspector de policia
1972 Nada menos que todo un hombre
1972 La duda Venancio
1973 La guerrilla
Televisión
Ano Título Papel Notas
1966 Diego de Acevedo Pai de María Teresa 1 Episodio: "Bolívar en Madrid"

Teatro (selección) editar

Premios editar

Na edición de 1947 das medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos obtivo a Medalla ao mellor actor principal pola súa interpretación en Mariona Rebull.[4]

Notas editar

  1. "José María Seoane triunfó en el cine y el teatro en España". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de decembro de 2006. Consultado o 15 de agosto de 2018. 
  2. "Adeus a José María Seoane". El País (en castelán). 13 de xullo de 1989. Consultado o 15 de agosto de 2018. 
  3. "José María Seoane, actor". El País (en castelán). 11 de xullo de 1989. Consultado o 15 de agosto de 2018. 
  4. "Medallas del CEC a la producción española de 1947". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2020. Consultado o 15 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar