Xosé María Arias

avogado, empresario e banqueiro galego
(Redirección desde «José María Arias Mosquera»)


Xosé María Arias Mosquera, nado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1953 e finado en Madrid o 11 de decembro de 2023, foi un avogado, empresario e banqueiro galego, presidente do Banco Pastor e conde de Fenosa.

Modelo:BiografíaXosé María Arias
Nome orixinal(gl) Xosé María Arias Mosquera Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1953 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, banqueiro Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJoaquín Arias Díaz de Rábago Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo do empresario Joaquín Arias Díaz de Rábago e sobriño de Carmela Arias, condesa de Fenosa, estudou a escola nos Maristas da Coruña e bacharelato nos Xesuítas de Vigo. Despois licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Anos despois, estudou Alta Dirección de Empresas no IESE. Ao rematar a carreira, casou e marchou a Madrid, en 1975 a prepararse para ser rexistrador da propiedade. O seu pai caeu enfermo, e regresou a Galicia en 1978.

Canda o seu irmán Vicente, comezou a traballar no Banco Pastor, na asesoría xurídica (1980). En 1983 foi nomeado subdirector dos servizos xurídicos, e en 1986, incorporouse ao consello de administración como letrado asesor. En 1988, foi nomeado subdirector xeral e secretario do consello de administración. Finalmente en 1991 converteuse en director xeral de Banco Pastor, e en setembro de 2001 relevou a súa tía na presidencia do Banco Pastor.

Paralelamente, convertíase en vicepresidente de Unión Fenosa e vicepresidente da Fundación Barrié, e no presidente desta última a partir do falecemento en 2009 da súa tía. Tamén foi vogal do padroado da Fundación Príncipe de Asturias e da Fundación Juana de Vega.

Xosé María Arias iniciou en 2001 unha forte reestruturación do banco que se iniciou co lanzamento dun primeiro plan estratéxico de 2002 a 2005, e que se continuou co Plan Delta, plan estratéxico que durará ata decembro de 2008. A crise do sistema bancario iniciada en 2008 acabou levando a integración do Banco Pastor no Banco Popular, en 2012. Polo acordo de integración, Arias pasaba a ser vicepresidente do Popular (posto que mantivo até 2017), o Pastor desaparecía como figura xurídica pero continuaba como marca en Galicia, onde asumía tamén as entidades do Popular. Nesa altura, a CNMV taxaba en 2013 o valor do Banco Pastor nun negativo de -497 millóns de euros[1].

Con todo, a crise empresarial continuaba, e logo dun intento de ampliación de capital, o Popular foi adquirido polo Banco Santander; con esta operación o Banco Pastor tamén desaparecía como marca e as súas oficinas e empregados en Galicia pasaban a selo do Banco Santander.

Pola súa xestión nestes procesos bancarios foi levado ante a xustiza. Primeiro foi imputado logo da denuncia[2] dun pequeno accionista do Pastor, proceso que finalmente foi desestimado porque o denunciante non achegou probas[1]; logo, foi investigado polo seu papel na creba e venda do Popular[3], investigación que se estendeu durante varios anos, ata despois do falecemento de Arias.

Galardóns

editar

En 2011 herdou o título nobiliario de conde de Fenosa[4].

Presidiu o Consello Social da Universidade de Santiago entre 2014 e 2018. Formou parte de distintos padroados, como o do Museo de Pontevedra ou da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre; así como do plenario do Consello da Cultura Galega entre 2007 e 2020[5].

Membro de honra da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (2012).

Vida persoal

editar

Casou con Pilar Romero Vázquez-Gulías, funcionaria, que foi vicepresidenta da Fundación Barrié[6]. Foi pai de Carmen Arias Romero, directora da Fundación Barrié; e mais Pilar e Joaquín. Botaba[7] os veráns na Pobra, como xa fixera a tía.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar