Luis Sobrino

xogador de fútbol e político galego
(Redirección desde «José Luis Sobrino»)

José Luis Sobrino Rodríguez, coñecido como Sobrino, e fóra dos campos como Pericán[1], nado en Arcos (O Carballiño) o 7 de abril de 1961 e finado en Ourense o 3 de abril de 2023, foi un xogador de fútbol e concelleiro galego.

Infotaula de personaLuis Sobrino
Biografía
Nacemento7 de abril de 1961 Editar o valor em Wikidata
Arcos, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de abril de 2023 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Concelleiro
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGomariz Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDeputación de Ourense Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O pai, Juan Bautista, xa xogara ao fútbol no Carballiño, onde fora porteiro[2].

Xogador no centro[1] da defensa, Sobrino comezou nos equipos de rapaces do CD Veracruz, do Carballiño, e con 24 anos xa estaba xogando na Terceira división co equipo sénior do CD Arenteiro, o principal equipo da vila. En 1987 o Arenteiro conseguiría o ascenso a Segunda división B; Sobrino xogou unha temporada en Segunda B co Arenteiro (87-88), unha co Bergantiños (88-89), na que o equipo descendería; e en 1989 fichou polo CD Ourense, que tamén xogaba en Segunda B[3].

Co equipo da capital ourensá xogou seis temporadas, ata 1996. Foi un defensa fundamental das aliñacións ourensanistas e co equipo vermello viviu unha das mellores épocas do club. Como capitán[4] do conxunto, naquel tempo compartiu banco con históricos[5] do club como Mugüerza, Pichi, Ares ou Bericat[1]. Neses anos colaborou nos dous ascensos a Segunda División (1994 e 1996), disputou unha temporada enteira en Segunda división (1994-95), e tamén viviu un descenso a Segunda B, ao remate do ano 95[3].

Conseguiu no total da súa carreira un gol en Segunda división e 21 goles en Segunda División (8 co Arenteiro, 7 co CD Ourense e 6 co Bergantiños), incluído cadanseus goles nas promocións a Segunda contra o Sestao (1994) e contra o Sporting B (1996)[3].

Logo da temporada do segundo ascenso, xogou na Ponte Ourense[1] en Terceira división e volveu ao Arenteiro[1]. Despois da súa retirada tamén adestrou o Leiro[1][6]. Como afeccionado seguiu xogando ao fútbol un tempo, por exemplo no Barbantes Estación[7].

Na política editar

Sobrino tamén participou da política municipal, e foi concelleiro en Leiro primeiro (2007[8]-2011) e logo no Carballiño (2015[9]-19), en ambas en representación do Partido Popular. En 2019 tamén concorreu nas listas do PP ao concello do Carballiño, pero foi pechando a lista[10].

Homenaxes editar

Foi homenaxeado en maio de 2021 polo Arenteiro[4] e en 2010[7] e 2015 polo Leiro CF[11].

Vida persoal editar

Casara para Leiro[12] e tivo dous fillos. Nos seus últimos anos vivía en Gomariz (Leiro). Traballou para a Deputación de Ourense[13].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Ourense y Carballiño lloran la pérdida de José Luis Sobrino". La Región (en castelán). 2023-04-04. Consultado o 2023-04-04. 
  2. "Sobrino se identifica con los protagonistas". Faro de Vigo (en castelán). 2015-02-23. Consultado o 2023-04-04. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Sobrino, José Luis Sobrino Rodríguez". www.bdfutbol.com. Consultado o 2023-04-04. 
  4. 4,0 4,1 "Falece aos 61 anos Luis Sobrino, histórico futbolista carballiñés que xogou 13 tempadas no Arenteiro. Tamén formou parte das corporacións municipais do Carballiño e Leiro.". Copecarballiño.es. 2023-04-03. Consultado o 2023-04-04. 
  5. Mosquera, David. "CD Ourense 94/95". Renaldinhos. Consultado o 2023-04-04. 
  6. "Purificación Alberte y Julio Rodríguez no repetirán como ediles en O Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-04-16. Consultado o 2023-04-04. 
  7. 7,0 7,1 "Luis Sobrino, central rojillo en los años noventa y protagonista de dos ascensos, fue homenajeado". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-12-09. Consultado o 2023-04-04. 
  8. "Eleccións locais 2007" (PDF). Boletín Oficial da Provincia de Ourense: 81. 1 de maio de 2007. 
  9. "Purificación Alberte y Julio Rodríguez no repetirán como ediles en O Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-04-16. Consultado o 2023-04-04. 
  10. "Eleccións locais 2019". Boletín Oficial da Provincia de Ourense: 22. 24 abril 2019. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 04 de abril de 2023. 
  11. ""El campo está bien y se puede ver un buen partido"". Faro de Vigo (en castelán). 2015-12-06. Consultado o 2023-04-04. (require subscrición (?)). 
  12. "Arenteiro y Ourense despiden al señor de los ascensos". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-04-04. Consultado o 2023-04-04. 
  13. "Los enchufes atípicos". Faro de Vigo (en castelán). 2013-01-15. Consultado o 2023-04-04.