José Izquierdo Durán

ilustrador e debuxante galego

José Bienvenido Izquierdo Durán (asinaba Yzquierdo Durán) nado o 22 de marzo de 1890 en Tui e finado o 23 de outubro de 1939 nun cárcere de Madrid, foi un ilustrador e debuxante galego.

Infotaula de personaJosé Izquierdo Durán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1890 Editar o valor em Wikidata
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de outubro de 1939 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónilustrador , debuxante de banda deseñada , caricaturista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
"Perspectivas madrileñas. La Gran Vía por el arranque de la calle de Alcalá" (Gran Vida, 1917)

Fillo do avogado José Izquierdo Sarmiento e de Concepción Durán Mera, aprobou oposicións ao Ministerio de Facenda e trasladouse a Madrid en 1911. Fixo portadas para Vida Gallega, Mundo Gráfico e Nuevo Mundo. Debuxou publicidade para La Toja e Osram. Colaborou en Alrededor del Mundo, Muchas Gracias, Gran Vida e La Esfera. Ilustrou coleccións literarias semanais como El cuento azul, La Novela de Hoy, La Novela Mundial, Novelistas, Los Poetas, El Teatro Moderno, La Novela Pasional, La Novela de Noche, Biblioteca para Todos, Colección Liliput e outras.[1]

Membro da UGT e da Agrupación Socialista Madrileña, ao finalizar a Guerra civil española foi condenado en consello de guerra á pena de morte. Finou no Cárcere de Porlier.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar