OSRAM é unha empresa alemá con sede en Munic filial de Siemens AG adicada ao deseño, fabricación e comercialización de sistemas de iluminación.

Osram GmbH
TipoSociedade Anónima
Fundación1909
MatrizSiemens AG
LocalizaciónHellabrunner Strasse 1, 81543 Múnic Alemaña Alemaña
FundadorWolfgang Dehen
Persoas claveMartin Goetzeler, Siegfried Russwurm
IndustriaIluminación
ProdutosLeds, fluorescentes, lámpadas incandescentes
Beneficio5.400 millóns de euros (2012)
Número de empregados39.000 (30 de setembro de 2012)
Na rede
http://www.osram-group.de/, http://www.osram-group.com/en, https://www.osram.com e https://ams-osram.com/
Facebook: osram Twitter: Osramcom Instagram: osramglobal LinkedIn: osram Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O nome ven das palabras osmio e volframio en alemán OS-mium e Wolf-RAM.

Historia editar

En 1906 Osram iniciou a súa produción de filamentos. A General Electric británica importou filamentos de Osram para a súa propia produción de bombillas de iluminación. O 1 de xullo de 1919, Siemens & Halske (os fundadores de Siemens AG), e Allgemeine Elektrizitäts-Gesellschaft (AEG) xuntaron as súas producións de lámpadas eléctricas coa formación da empresa Osram dende entón filial de Siemens.

Osram opera en 150 países e comercializa máis de 5.000 produtos.

Fitos editar

 
Lámpada incandescente Osram de 1910.
 
LED de Osram.
  • 1906 Rexistro da marca OSRAM en Berlín.
  • 1914 OSRAM, S.A. constitúese en España.
  • 1922 Inicio das operacións da OSRAM no Brasil.
  • 1925 Lanzamento da lámpada para farol BILUX®.
  • 1954 Lanzamento da XBO®, lámpada con tecnoloxia xenon de alta presión, e das primeiras lámpadas de proxección.
  • 1968 Lanzamento da lámpada de alta intensidade POWERSTAR® HQI®.
  • 1980 Lanzamento do reactor eletronico QUICKTRONIC®.
  • 1983 OSRAM recibe, coa lámpada XBO®, un OSCAR® en Hollywood polos seus traballos ligados ao cinema. A calidade dese produto foron os principais puntos para que a empresa recibise o maior premio dentro do mercado cinematográfico mundial.
  • 1985 OSRAM é pioneira na fabricación de lámpadas eletrónicas economizadoras de enerxía DULUX®.
  • 1987 Por conta dos seus investimentos no desenvolvemento continuo dos seus produtos, OSRAM recibe un OSCAR® da Academia de Hollywood pola lámpada HMI®.
  • 1989 A multinacional realiza unha Joint Venture con Mitsubishi, no Xapón.
  • 1993 OSRAM adquire SYLVANIA, empresa norteamericana especializada en iluminación.
  • 1999 OSRAM da os seus primeiros pasos no mundo dos semicondutores, OSRAM Opto Semiconductors.
  • 2002 Lanzamento da liña POWERBALL® HCI®, lámpadas cerámicas de multivapores metálicos.
  • 2004 Lanzamento da MINISTAR®, a menor lámpada halógena refletora do mundo. En 2005, recibe o premio New Product Showcase AWARD na feira Lightfair, en Nova York.
  • 2006 A marca OSRAM acada os 100 anos de existencia.
  • 2007 OSRAM recibe o Emmy® pola lámpada HMI®.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar