José Ignacio Peleteiro

futbolista español

José Ignacio Peleteiro Ramallo, coñecido no mundo do deporte como Jota[1], nado na Pobra do Caramiñal o 6 de xuño de 1991, é un futbolista galego. Xoga de mediapunta, e o seu equipo actual é o Aston Villa FC da Premier League inglesa.

Jota Peleteiro
José Ignacio Peleteiro Ramallo.jpg
Información persoal
Nome completo José Ignacio Peleteiro Ramallo
Nacemento 16 de xuño de 1991 (28 anos)
  A Pobra do Caramiñal
Nacionalidade España
Altura 1.80 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Aston Villa
Número 23
Carreira xuvenil
2000–2004 Xuventude Aguiño
2004–2010 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2012 Celta de Vigo B 68 (22)
2011–2014 Celta de Vigo 4 (0)
2012–2013Castilla (cedido) 3 (0)
2013–2014Eibar (cedido) 35 (11)
2014–2017 Brentford 47 (11)
2016–2017Eibar (cedido) 18 (0)
2017–2019 Birmingham City 72 (8)
2019– Aston Villa 5 (0)
Selección nacional
2016– Galicia 1 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 27 de outubro de 2019.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 27 de outubro de 2019.

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciouse no Xuventude Aguiño de Ribeira, onde xogou até ser infantil de segundo ano. Nunha edición do torneo de fútbol base Vigo cup chamou a atención dos responsables da canteira do Celta, e fichou polo equipo celeste[2].

Coa canteira celeste gañou a liga xuvenil e acadou o subcampionato da Copa de Campións de Liga Xuvenil 2008/09, perdendo a final ante o Fútbol Club Barcelona. En abril de 2010 firmou un contrato profesional co equipo para as cinco seguintes tempadas[3].

No verán en 2010 realizou a pretemporada co primeiro equipo en Melgaço, e esa tempada pasou a xogar co filial, adestrado por Milo Abelleira. En decembro comezou a adestrar co primeiro equipo, dirixido por Paco Herrera. O 29 de xaneiro de 2011 debutou na segunda división fronte ao Barça B.

Selección galegaEditar

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1). [4]

Vida persoalEditar

Mantén dende o ano 2013 unha relación coa modelo sevillana Jessica Bueno. No 2015 anunciaron que casarían a finais de ano.

NotasEditar

  1. "Ficha en www.celtavigo.net". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2011. Consultado o 06 de febreiro de 2011. 
  2. «Traballo para chegar ao primeiro equipo a próxima campaña», entrevista en La Voz de Galicia, 26 de decembro de 2010.
  3. "El Celta renueva a Abelleira, y a los canteranos Carlos David y Jota"[Ligazón morta], artigo en Xornal de Galicia, 20 de abril de 2010. (en castelán).
  4. Pardo, Miguel (21 de maio de 2016). "Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2016. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar