Xosé Franco Montes

escultor, arquitecto e político galego
(Redirección desde «José Franco Montes»)

José Franco Montes (en realidade José Franco Domonte[Cómpre referencia]), nado en Vigo o 22 de xaneiro de 1879 e finado ibídem o 31 de xullo de 1939,[1] foi un escultor, arquitecto e político galego.

Xosé Franco Montes
Nacemento21 de xaneiro de 1879
Lugar de nacementoVigo
Falecemento31 de xullo de 1939
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto e político
editar datos en Wikidata ]
Casa do Concello da Estrada, obra do arquitecto.

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Franco Franco (concelleiro de Vigo) e Matilde Domonte,[1] fixo os seus primeiros estudos e bacharelato no colexio dos xesuítas de Camposancos, A Guarda. Estudou na Escola de Arquitectura de Madrid[1] titulándose o 21 de agosto de 1903. Casou con Emérita Fernán-Díez na igrexa de Santiago de Vigo en 1915. Só tiveron unha filla, Matilde Franco Fernán-Díez, que casou co marqués da Sala de Partinico, Manuel Santiago Thomás de Carranza e de Luque-Romero.

 
Igrexa de Santa Cristina de Sabarís.

En 1905 é nomeado arquitecto municipal de Vigo e en 1906 vicepresidente da Asociación de Arquitectos de Galicia. En 1908 funda a Cámara da Propiedade Urbana de Vigo. En 1909 é elixido secretario do Partido Liberal de Vigo e con 30 anos convértese en concelleiro do Concello de Vigo. Foi tamén deputado provincial e concelleiro honorífico da Coruña. En 1916 é nomeado arquitecto diocesano de Tui. Queda viúvo o 10 de xuño de 1936. Foi nomeado tenente de alcalde de Vigo en 1938, ostentando o cargo de alcalde en funcións de Vigo. Foi nomeado presidente do Padroado local de Formación Profesional de Vigo no mesmo ano.[2]

Arquitecto da Real Academia de San Fernando, profesor de Máquinas da Escola de Artes e Industrias de Vigo,[3] arquitecto municipal de Vigo e arquitecto diocesano de Tui. Foi vicepresidente e fundador da Asociación de Arquitectos de Galicia (actual Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), fundador da Cámara da Propiedade Urbana de Vigo, secretario do Partido Liberal, concelleiro, a partir de 1910, do concello de Vigo polo Partido Liberal, tenente de alcalde do Concello de Vigo e alcalde en funcións, apartado da vida política coa chegada da II República e nomeado deputado provincial en xullo de 1939 polo goberno de Francisco Franco.[1] Tamén foi escultor.[4] O Concello de Vigo dedicoulle o nome dunha rúa no lugar de Lavadores.

Obra editar

 
Casa Hermanos Suárez, 1920.

A súa obra, de estilo modernista, desenvólvese dende 1904 até o final da súa vida. Entre os seus proxectos salientan:

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gran Enciclopedia Galega.
  2. Boletín Oficial del Estado núm. 598 de 12/06/1938.
  3. Diario Faro de Vigo de decembro de 1903
  4. Parte da biografía de José Franco Montes aparece na Enciclopedia Universal Ilustrada de Espasa, no Tomo XXIV, páx. 1095.
  5. Rosa Ma. Creixell i Cabeza, Esteve Castañer Muñoz, Teresa M. Sala Garcia. Espaces intérieurs, Edicions Universitat Barcelona, 2007.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar