José Domínguez González (político)
José Domínguez González, nado en Corzáns (Salvaterra de Miño) en 1895 e finado en Vigo o 24 de febreiro de 1937, foi un político galego.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 ![]() Corzáns, España ![]() |
Morte | 24 de febreiro de 1937 ![]() Vigo, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarEmigrou á Arxentina con 16 anos, e alí traballou de panadeiro e foi sindicalista. Participou na Sociedad Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos e na Sociedade Nazonalista Pondal, e colaborou en Acción Gallega e A Fouce. Retornado a Salvaterra de Miño, na República foi concelleiro socialista e tenente alcalde.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao Comité de Defensa da República. Foi detido, xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado á pena de morte. Antes da súa execución escribiu unha carta a Adela Melijosa Suárez e outras compañeiras presas.[2] Foi fusilado no castelo do Castro en Vigo ás once da mañá do 24 de febreiro de 1937, xunto con nove persoas máis.
Notas
editar- ↑ X.M.P. (21 de outubro de 2016). "Salvaterra fai memoria histórica: un alcalde republicano, un emigrante galeguista e un 'arredista' fusilado". Sermos Galiza.
- ↑ Álvarez Castro, Xosé (7 de decembro de 2015). "Epistolario: carta a Adela e compañeiras". Pontevedra nos anos do medo.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- José Domínguez González na páxina web Nomes e Voces.