José Cobelo

político galego

José Cobelo Gómez, nado en Santo Estevo do Val (concello de Riobarba, hoxe O Vicedo) en 1900 e finado en Buenos Aires en 1973, foi un político galego.

Infotaula de personaJosé Cobelo
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
O Vicedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1973 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Emigrou a Arxentina. Amigo de Vicente Paz Infante, actuou con el na Sociedad Vivariense e despois na Sociedad de Riobarba coa que se integrou na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. Pertenceu á Asociación de Socialistas Españoles e ao Centro Republicano español. Colaborou en España Republicana. Crítico coa liña galeguista de El Despertar Gallego publicou un artigo en 1929 que xerou polémica. Integróuse na Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, da que foi un dos seus principais dirixentes, e foi membro do comité de redacción do seu órgano Acción Gallega. Logo da proclamación da Segunda República Española viaxou a Galicia para informar ao periódico e á Federación.[1] Participou no congreso constituínte da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina como delegado da Sociedad de Riobarba. Integróuse na redacción de Galicia ata 1940, volvendo en 1947 como subdirector e a partir de 1949 como director. Participou na Peña Federal de 1952.

  1. "José Cobelo en Galicia", Acción Gallega, 20-9-1931, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. p. 222-223. ISBN 978-950-786-574-9. 

Ligazóns externas

editar