José Cerviño
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2022.) |
José Cerviño Cerviño, nado en Aldán (Cangas) o 21 de agosto de 1920 e finado en Vigo o 18 de abril de 2012, foi un bispo católico galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1920 Cangas, España |
Morte | 18 de abril de 2012 (91 anos) Vigo, España |
Bispo de Tui-Vigo | |
8 de novembro de 1976 – ← José Delicado Baeza – Xosé Diéguez Reboredo → Diocese: Diocese de Tui-Vigo | |
Bispo titular | |
4 de xuño de 1968 – Diocese: diocese de Benepota | |
Bispo auxiliar de Santiago de Compostela | |
4 de xuño de 1968 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1968–), sacerdote católico (1946–), profesor universitario |
Consagración | Fernando Quiroga Palacios |
Traxectoria
editarOrdenouse sacerdote en Santiago de Compostela o 6 de abril de 1946. Ocupou diversos cargos como sacerdote, entre eles o de crego da parroquia urbana de San Miguel dos Agros en Santiago de Compostela, e despois foi reitor do Seminario Arquidiocesano.
O 4 de xuño de 1968 o papa Paulo VI nomeouno bispo titular de Benepota e bispo auxiliar de Santiago de Compostela, do que era titular o cardeal Quiroga Palacios, e recibiu a ordenación episcopal o 28 de xullo dese ano. Trala morte do arcebispo en decembro de 1971, ata abril de 1973 rexeu a arquidiocese coma vicario capitular, é dicir, coma bispo en funcións.
O 20 de maio de 1975 foi nomeado administrador apostólico da diocese de Tui-Vigo. Tomou posesión, por procurador, o 9 de xuño de 1975, e ocupou a súa praza o 21 dese mesmo mes. O 8 de novembro de 1976 Paulo VI nomeouno bispo de Tui-Vigo. Coma tal, tomou posesión da diocese na catedral de Tui o 18 de decembro de 1976.
Logo de vinte e un anos de servizo nesa diocese, renunciou ao seu cargo en 1995, ao acadar a idade de xubilación, pero non lle foi aceptada ata o 7 de xuño de 1996. Dende ese día ata o 14 de xullo do 1996, cando tomou posesión o novo bispo, rexeu a diocese coma administrador apostólico. A partir desa data quedou como bispo emérito.
Está enterrado na Capela do Santísimo da Catedral de Tui.
Sucesión apostólica
editar- Artigo principal: Sucesión apostólica.
- José Cerviño Cerviño (1968)
- Fernando Quiroga Palacios (1946)
- Antonio García García (1930)
- Federico Tedeschini (1921)
- Giacomo della Chiesa (1907)
- Giuseppe Melchiorre Sarto (1884)
- Constantino Patrizi Naro (1828)
- Carlo Odescalchi (1823)
- Giulio Maria della Somaglia (1788)
- Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777)
- Marcantonio Colonna (1762)
- Carlo della Torre Rezzonico (1743)
- Prospero Lorenzo Lambertini (1724)
- Pietro Francesco Orsini (1675)
- Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666)
- Ulderico Carpegna (1630)
- Luigi Caetani (1622)
- Ludivico Ludovisi (1621)
- Galeazzo Sanvitale (1604)
- Girolamo Bernerio (1586)
- Giulio Antonio Santorio (1566)
- Scipione Rebiba (1541)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Consagración Episcopal del Excmo. y Rvdmo. Señor José Cerviño Cerviño. Santiago de Compostela: Cabido da Catedral. 1968.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: José Delicado Baeza |
Bispo de Tui-Vigo 1976 - 1996 |
Sucesor: Xosé Diéguez Reboredo |