José Carlos Rodríguez González
avogado e político galego
José Carlos Rodríguez González, nado en Outes o 14 de xuño de 1936 e finado en Ourense o 26 de febreiro de 2003,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1936 Outes, España |
Morte | 26 de febreiro de 2003 (66 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Traxectoria
editarEstudou o Bacharelato en Pontevedra e Ferrol. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Faise Graduado Social e establecese en Ourense en 1961. Foi fundador de Alianza Popular en Ourense e concelleiro e deputado provincial. Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas por AP.
Vida persoal
editarCasou con Raquel Laura Saavedra Fernández e foi pai de Francisco José Rodríguez Saavedra.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-2-2003, p. 51.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 294–297. ISBN 84-7507-044-2.