José Araújo Pérez (político)
José Araújo Pérez, nado en Vigo en 1903 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Vigo, España |
Morte | 21 de outubro de 1936 (32/33 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | José Araújo Pérez |
Traxectoria editar
Fillo do canteiro e construtor socialista José Araújo Pérez. Perito industrial e aparellador. Logo da morte do seu pai en 1929, encargouse da dirección da construtora.[1] Militante das JSU. Foi candidato do PSOE por Pontevedra ás eleccións de novembro de 1933, pero non resultou elixido. Pertenceu ao Comité Revolucionario de Vigo durante a revolución de outubro de 1934. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar o 13 de outubro,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Vigo con Delmiro Faro Pregal, Teodoro Barros Barros, Antero González González e José Barcia Barcia, ás 16:30 horas do 21 de outubro de 1936, nas inmediacións do Castelo do Castro,[3] rexistrándose a morte a causa de profusa hemorraxia interna. En xullo de 1940 abríronlle expediente por responsabilidades políticas.[4]
Vida persoal editar
Casou con María del Pilar Alonso Villiato en decembro de 1930.[5]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "A Familia Araújo" Arquivado 01 de marzo de 2020 en Wayback Machine. Do gris ao violeta. Concello de Pontevedra (CC BY 3.0).
Ligazóns externas editar
- José Araújo Pérez na páxina web Nomes e Voces.