Jorge Bermello

político galego
(Redirección desde «Jorge Bermello Fernández»)

Jorge Bermello Fernández, nado o 7 de abril de 1936 en Ourense, é un político galego.

Modelo:BiografíaJorge Bermello
Biografía
Nacemento7 de abril de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
1993 – 2004
Alcalde de Ourense
1987 – 1987
← Antonio Caride-TabarésManuel Veiga Pombo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

Militante de Alianza Popular, foi elixido alcalde de Ourense logo das eleccións de 1987,[1] en que liderou a candidatura da coalición AP-CdeG, sendo elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Porén, o apoio do edil do CDS Balbino Álvarez ós postulados dos grupos da oposición do PSdeG e Independentes de Galicia, xunto ós cales sumaba maioría absoluta, supuxo que presentase a súa dimisión en decembro de 1987 e fose relevado na alcaldía polo socialista Manuel Veiga Pombo co apoio dos independentes e de Álvarez. Posteriormente foi senador (1993-2004) e presidente da Cámara de Comercio de Ourense.[2]

Foi presidente do Club Deportivo Ourense.[3][4]

  1. Redacción (8 de setembro de 2019). "En 1987 Jorge Bermello fue alcalde durante cinco meses y se inauguró el Museo Municipal". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2024. 
  2. "Jorge Bermello da el paso y opta a la Cámara de Comercio" (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  3. Nóvoa, Natalia (29 de setembro de 2011). "Jorge Bermello: "Todo lo que sé hoy lo aprendí de mi padre; yo era el niño de los recados"". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2024. 
  4. Arneiros Torcela, J. (24 de xuño de 2020). "Jorge Bermello, el mejor presidente del Ourense". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Antonio Caride-Tabarés
  
Alcalde de Ourense
 
1987
Sucesor:
Manuel Veiga Pombo