Balbino Álvarez

político español

Balbino Álvarez Rodríguez, nado en 1957 e falecido en Ourense o 14 de decembro de 2008, foi un político galego.

Balbino Álvarez
Nacemento1957
Falecemento14 de decembro de 2008
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aínda que profesionalmente foi profesor de instituto en Ourense, Balbino Álvarez fíxose coñecido pola súa participación política no Ourense dos anos oitenta e noventa. En 1987 presentouse ás eleccións municipais nesa cidade na lista do Centro Democrático y Social, e saíu elixido concelleiro. O seu grupo votou na investidura a candidatura de Jorge Bermello, do Partido Popular, que foi designado alcalde.

Pero aos cinco meses Balbino Álvarez votou en contra dos orzamentos presentados polo grupo de goberno e forzou a dimisión de Bermello, así como a disolución do comité local do seu partido. A seguir, apoiou a investidura de Manuel Veiga Pombo (PSdeG-PSOE) como alcalde, e asumiu no novo goberno municipal a concellería de Cultura. Tres anos máis tarde, en 1990, unha moción de censura encabezada polo independente José Luis Mondelo volveu cambiar o alcalde de Ourense. Nas eleccións municipais de 1991 presentouse nas listas do PSOE, formación que accedeu de novo ao goberno, e volveu ser concelleiro de Cultura.

En 1994 abandonou o Partido Socialista e meses despois a actividade política. Faleceu como consecuencia dunha pneumonía, desencadeada durante o tratamento dunha hepatite C.