Joni Mitchell
Roberta Joan "Joni" Mitchell, (de solteira Anderson), nada en Fort Macleod o 7 de novembro de 1943 é unha cantante e compositora canadense.[1] Rolling Stone considerouna "unha dos máis grandes compositores da historia".[2] Movéndose entre o folk, o pop, o rock e o jazz, as cancións de Mitchell adoitan reflectir ideas socias e ambientais ademais dos seus sentimentos sobre o romance, a confusión, a desilusión e a ledicia. Recibiu múltiples premios, incluídos nove Grammy.
Joni Mitchell | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Roberta Joan Anderson |
Nacemento | 7 de novembro de 1943 |
Lugar de nacemento | Fort Macleod |
Nacionalidade | Canadá |
Alma máter | Alberta University of the Arts e Aden Bowman Collegiate |
Ocupación | cantante, compositora de cancións, pintora, música, guitarrista, produtora musical, fotógrafa, poeta, artista discográfico, directora de cine e montador |
Cónxuxe | Larry Klein |
Coñecida por | Both Sides Now, Big Yellow Taxi, Carey, Got 'til It's Gone, Help Me, Blue e Court and Spark |
Premios | Polar Music Prize, Salón da Fama do Rock, Grammy á carreira artística, Canada's Walk of Fame, Canadian Songwriters Hall of Fame, Grammy Award for Best Ethnic or Traditional Folk Recording, Grammy Award for Best Arrangement, Instrumental and Vocals, Canadian Music Hall of Fame, Grammy Award para Best Pop Vocal Album, Grammy Award for Best Recording Package, Grammy Hall of Fame, Grammy Award para Best Traditional Pop Vocal Album, Juno Award for Vocal Jazz Album of the Year, Grammy á carreira artística, Grammy Award para melhor performance instrumental pop, Premio Grammy o álbum do ano, Jack Richardson Producer of the Year Award, Companion of the Order of Canada, Premio Kennedy, Grammy Award para Best Pop Vocal Album e Library of Congress Gershwin Prize for Popular Song |
Na rede | |
http://www.jonimitchell.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mitchell comezou a cantar en pequenos clubs nocturnos da súa cidade, Saskatoon, Saskatchewan, e polo Canadá occidental antes de tocar en rúas e clubs de Toronto. En 1965 mudouse aos Estados Unidos e comezou a realizar xiras. Algunhas das súas cancións orixinais ("Urge for Going", "Chelsea Morning", "Both Sides, Now", "The Circle Game") foron versionadas por outros cantantes, permitíndolle asinar con Reprise Records e gravar o seu disco debut en 1968.[3] Establecida no sur de California, Mitchell, con cancións populares como "Big Yellow Taxi" e "Woodstock", axudou a definir unha era e unha xeración. O seu álbum de 1971 Blue adoita citarse entre os mellores de todos os tempos; foi considerado o 30.º mellor na listaxe de Rolling Stone dos 500 mellores álbums do todos os tempos, a posición máis alta para unha artista feminina.[4] En 2000, New York Times escolleu Blue como un dos 25 álbums que representaban "puntos de inflexión e cumios da música popular do século XX".[5] En 2017, NPR colocou Blue no número un dunha listaxe de álbums realizados por mulleres.[6]
O seu quinto disco, For the Roses, estreouse en 1972. Cambiou entón de etiquetas e comezou a explorar ideas melódicas influídas polo jazz, con exuberantes texturas pop en Court and Spark, de 1974, que inclúe os seus éxitos "Help Me" e "Free Man in Paris"[7] e se converteu no seu disco máis vendido.
Arredor de 1975, o rango vocal de Mitchell comezou a desprazarse de mezzosoprano a contralto.[8][9][10] As súas composicións de piano e guitarra tamén creceron harmónica e ritmicamente, explorando o jazz uníndoo con influencias de rock and roll, R&B, música clásica e música do mundo. A finais da década de 1970 comezou a traballar con músicos de jazz como Jaco Pastorius, Wayne Shorter, Herbie Hancock, Pat Metheny ou Charles Mingus, que lle pediu que colaborase nas súas últimas gravacións.[11] Máis adiante virou cara ao pop, abrazou a música electrónica e comprometeuse coa protesta política. En 2002 recibiu o premio á toda unha vida na 44.ª edición dos Grammy.[12]
Mitchell é a única produtora acreditada na maioría dos seus discos, incluíndo todos os seus álbums da década de 1970. Crítica coa industria musical, deixou de facer xiras e publicou o seu disco número 17, e supostamente último con cancións orixinais en 2007. Con raíces na arte visual, Mitchell deseñou a maioría das carátulas dos seus álbums e descríbese como unha "pintora malograda polas circunstancias".[13]
Discografía editar
- Álbums de estudio
- 1968: Song to a Seagull
- 1969: Clouds
- 1970: Ladies of the Canyon
- 1971: Blue
- 1972: For the Roses
- 1974: Court and Spark
- 1975: The Hissing of Summer Lawns
- 1976: Hejira
- 1977: Don Juan's Reckless Daughter
- 1979: Mingus
- 1982: Wild Things Run Fast
- 1985: Dog Eat Dog
- 1988: Chalk Mark in a Rain Storm
- 1991: Night Ride Home
- 1994: Turbulent Indigo
- 1998: Taming the Tiger
- 2000: Both Sides Now
- 2002: Travelogue
- 2007: Shine
Notas editar
- ↑ "JoniMitchell.com – Biography: 1943–1963 Childhood Days". Jonimitchell.com. Consultado o 26 de novembro de 2014.
- ↑ Wild, David (31 de outubro de 2002). "Joni Mitchell" (reprint). Rolling Stone. Consultado o 9 de marzo de 2007.
- ↑ "The Independent". The Independent (Reino Unido). 10 de agosto de 2007. Consultado o 11 de febreiro de 2017.
- ↑ "The Rolling Stone 500 Greatest Albums of All Time (Blue is listed at No. 30)". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2008. Consultado o 21 de febreiro de 2011.
- ↑ Jon Pareles; Neil Strauss; Ben Ratliff & Ann Powers (3 de xaneiro de 2000). "Critics' Choices; Albums as Mileposts In a Musical Century". The New York Times. Consultado o 17 de decembro de 2009.
- ↑ Tsioulcas, Anastasia (24 de xullo de 2017). "The 150 Greatest Albums Made By Women". National Public Radio. Consultado o 4 de setembro de 2017.
- ↑ Ankeny, Jason. All Music Guide
- ↑ Montagne, Renee (9 de decembro de 2014). "The Music Midnight Makes: In Conversation With Joni Mitchell". NPR. Consultado o 11 de febreiro de 2017.
- ↑ Pleasants, Henry (febreiro de 1978). "Three Throats". Windsor Star. Consultado o 11 de febreiro de 2017.
- ↑ Hopper, Jessica (9 de novembro de 2012). "Joni Mitchell: The Studio Albums 1968–1979". Pitchfork. Consultado o 2 de abril de 2015.
- ↑ "Joni & Jazz". SFJAZZ Blog. Consultado o 11 de febreiro de 2017.
- ↑ "Joni Mitchell". Grammy Awards. 14 de maio de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2017.
- ↑ "I sing my sorrow and I paint my joy". Toronto Globe and Mail. 8 de xuño de 2000. Consultado o 19 de xullo de 2015.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joni Mitchell |
Bibliografía editar
- Mercer, Michelle (April 7, 2009). Will You Take Me As I Am: Joni Mitchell's Blue Period. Free Press. ISBN 978-1-4165-5929-0.
- Monk, Katherine (2012). Joni: The Creative Odyssey of Joni Mitchell. Greystone Books. ISBN 978-1-55365-838-2.
- Smith, Larry David (1 de xaneiro de 2004). Elvis Costello, Joni Mitchell, and the Torch Song Tradition. Greenwood Publishing Group. ISBN 978-0-275-97392-6.
- Weller, Sheila (8 de abril de 2008). Girls Like Us: Carole King, Joni Mitchell, Carly Simon—And the Journey of a Generation. Simon and Schuster. ISBN 978-0-7434-9147-1.
- Whitesell, Lloyd (2008). The Music of Joni Mitchell. Oxford Univ. Press. ISBN 978-0-19-530757-3.
- Yaffe, David (2017). Reckless Daughter: A Portrait of Joni Mitchell. Farrar, Straus and Giroux. ISBN 978-0-374-71560-1.