Abrir o menú principal

John Pilger

xornalista australiano

John Richard Pilger, nado o 9 de outubro de 1939[1][2] en Sydney, é un xornalista australiano radicado no Reino Unido dende 1962.[3][4][5]

John Pilger
John Pilger in August 2011.jpg
Pilger no ano 2011.
Nacemento9 de outubro de 1939
 Sydney, Australia Australia
NacionalidadeAustraliana
Alma máterSydney Boys High School
OcupaciónXornalista, escritor e director de documentais
FillosZoe Pilger
PremiosPrêmio Sofia, Monismanien Prize e Gandhi International Peace Award
editar datos en Wikidata ]

Pilger é coñecido por criticar fortemente a política exterior dos Estados Unidos de América, Australia e do Reino Unido, que segundo el están guiadas por unha axenda imperialista. Pilger tamén criticou o trato que reciben os aborixes australianos no seu propio país.

A súa traxectoria como director de vídeos documentais comezou con The Quiet Mutiny (1970), feito durante as súas visitas a Vietnam, e continou dende entón con preto de cincuenta documentais. Outros traballos relevantes son Year Zero (1979), sobre as consecuencias da fin do réxime de Pol Pot en Camboxa, e Death of a Nation: The Timor Conspiracy (1993). Entre os documentais sobre a temática dos indíxenas australianos destacan The Secret Country (1985) e Utopia (2013). No tocante á súa faceta como xornalista, destaca o seu traballo no Daily Mirror británico dende 1963 e 1986,[6] e como columnista habitual na revista New Statesman entre 1991 e 2014.

Pilger gañou por dúas veces o premio británico de Xornalista do Ano. Os seus documentais tamén foron galardoados no Reino Unido e arredor do mundo.[6][7]

ObraEditar

Libros

Teatro

  • The Last Day (1983)

Filmografía parcialEditar

Documentais

NotasEditar

  1. Anthony Hayward, Breaking the Silence: The Television Reporting of John Pilger, Londres, Network, 2008, p. 3 (sen ISBN, libro contido en Heroes DVD, Region 2 boxset)
  2. Trisha Sertori "John Pilger: The Messenger", Arquivado 25 de outubro de 2012 en Wayback Machine. The Jakarta Post, 11 de outubro de 2012
  3. Andrei S. Markovits e Jeff Weintraub, "Obama and the Progressives: A Curious Paradox", The Huffington Post, 28 de maio de 2008
  4. "Aboriginal squalor among Australia's 'dirtiest secrets' says expat", por Candace Sutton, The Australian, 1 de marzo de 2013
  5. "Pilger, John (1939–)" por Glen Jones, British Film Institute
  6. 6,0 6,1 Biography page, páxina oficial de John Pilger
  7. "Introduction to John Pilger", páxina web de Robert Fisk Arquivado 20 de agosto de 2008 en Wayback Machine.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar