John M. Kleeberg, nado en Nova York, é un numismático estadounidense especializado na historia da moeda norteamericada e hispanoamericana.

Infotaula de personaJohn M. Kleeberg
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónUniversidade Yale.
Universidade de Oxford.
Coñecido porEstudos de numismática norteamericana e hispanoamericana
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Premios
2018: Medalla Huntington (ANA).

Traxectoria editar

Logo de completar o ensino secundario na Stuyvesant High School de Nova York en 1975, Kleeberg realizaou os seus estudos superiores na Universidade Yale, onde en 1979 se graduou cunha dobre titulación en Latín e Historia, cunha tese titulada The interrelationship between Contemporary events and Mommsen’s Historiography. Posteriormente trasladouse a Inglaterra, onde en 1988 se doutourou na Universidade de Oxford, cunha tese sobre a Historia moderna titulada The Disconto-Gesellschaftand German Industrialization: A Critical Examination of the Career of a German Universal Bank, 1851-1914”.[1][2][3]

En 1990 comezou a desenvolver a súa carreira profesional na American Numismatic Society, de Nova York, onde foi nomeado conservador axudante de moeda moderna, e catro anos despois foi ascendido ao posto de conservador titular.[2][3]

Simultaneamente, no Círculo Numismático de Nova York ocupou os cargos de secretario-tesoureiro, vicepresidente e, finalmente, presidente entre 1992 e 1997.[2]

A partir de 1991 foi autor e, sobre todo, editor de diversas obras numismáticas, fundamentalmente acerca da historia da moeda en Norteamérica e en Hispanoamérica. Entre o seu labor como editor destaca a edición en varios volumes das actas das series de conferencias Coinage of the Americas.[2] Así mesmo, forma parte do comité editorial da publicación periódica American Journal of Numismatics e é editor asociado de The Colonial Newsletter.[3]

En 2000 deu un xiro á súa carreira profesional e abandonou o seu posto na American Numismatic Society para iniciar novos estudos, na Escola de Dereito da Universidade de Nova York, onde que se graduou como Juris Doctor en 2002. O ano seguinte superou as condicións para ser admitido no Colexio de Avogacía de Nova York e en 2004 foi admitido como avogado en prácticas.[2] Como xurista, participa tamén desde 2010 na Comisión de Reclamacións Xudías contra Alemaña.[3]

Malia o seu afastamento da numismática como dedicación profesional, Kleeberg continúa a ser membro da American Numismatic Society[4] e mantén a súa dedicación á investigación e á edición, fundamentalmente en forma de artigos.[2]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

John M. Kleever é un autor prolífico de artigos publicados en prestixiosas revistas numismáticas e historiográficas. Ademais, é autor de dous traballos monográficos e editor doutra media ducia:[8][9]

Como autor editar

Como editor editar

Notas editar

  1. "Kleeberg, John. 1988. Thesis: The Disconto-Gesellschaft and German industrialization". En Oxford University Research Archive.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Biographical Sketch: John M. Kleeberg". En The Colonial Newsletter. Nº 125. Abril de 2004. Páxina 2.600.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "John M. Kleeberg: Curriculum Vitae". Academia.edu
  4. "ANS Fellows 2021". American Numismatic Society.
  5. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  6. "2018 Huntington Award to John Kleeberg". American Numismatic Society.
  7. "2018 Huntington Award to John Kleeberg". Coins Weekly. 22 de novembro de 2018.
  8. "Kleeberg, John M. Arquivado 22 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  9. "Kleeberg, John M.". WorldCat Identities.