John Horton Conway

matemático británico

John Horton Conway, nado en Liverpool o 26 de decembro de 1937 e finado en Princeton (Nova Jersey) o 11 de abril de 2020,[1][2] foi un matemático británico, especialista na teoría de grupos[3] (teoría de grupos finitos), na teoría de nós, na teoría de números,[4] na teoría de xogos e na teoría de códigos. Tamén fixo contribucións en moitas ramas das matemáticas recreativas, sobre todo coa invención do autómata celular chamado xogo da vida.

Infotaula de personaJohn Horton Conway

(2005) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Liverpool, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte11 de abril de 2020 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
New Brunswick (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaNew Brunswick (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge (–1962)
Gonville and Caius College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tese académicaHomogeneous ordered sets (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1964 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseHarold Davenport (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría de grupos, teoria combinatória dos jogos (pt) Traducir, matemáticas, teoría de números, Teoría dos xogos, Teoría de nós e jogos matemáticos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton (1987–2013) , profesor emérito
Universidade de Cambridge (1962–1987) Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosE. Randol Schoenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoRichard Borcherds, Simon P. Norton (pt) Traducir, Robert Arnott Wilson (pt) Traducir, Adrian Mathias (pt) Traducir, Jonathan D. H. Smith (en) Traducir, Leonard Hyman Soicher (en) Traducir, Charles Ferenbaugh (en) Traducir, Richard Stuart Margolin (en) Traducir, Timothy M. Hsu (en) Traducir, Frank Swenton (en) Traducir, Christopher Smyth Simons (en) Traducir, Derek Alan Smith (en) Traducir, William Alan Schneeberger (en) Traducir, Donald Lee Pilling (en) Traducir, Peter Robin Stephen Knight (en) Traducir, Robert Turner Curtis (pt) Traducir, Patrick Lawrence Harvey Brooke (en) Traducir, Gerard Martin Enright (en) Traducir, Warren Douglas Smith (en) Traducir e Boris Alexeev (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisCyril Horton Conway (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Agnes Boyce (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 2465763 WikiTree: Conway-3331

Traxectoria editar

Conway naceu en 1937 en Liverpool, fillo de Cyril Horton Conway e Agnes Boyce.[5] Interesouse nas matemáticas dende moi novo. Aos once anos a súa ambición era converterse en matemático.[6][7] Tras deixar o sixth form, estudou matemáticas no Gonville and Caius College, Cambridge.[5] "Adolescente terriblemente introvertido" na escola, tomou a súa admisión en Cambridge como unha oportunidade para volverse extravertido, un cambio que lle valeu o alcume do "matemático máis carismático do mundo".[8][9]

Conway recibiu o título de Bachelor of Arts en 1959, e supervisado por Harold Davenport, comezou a investigar en teoría de números. Tras solucionar o problema aberto proposto por Davenport sobre escritura de números como sumas de potencias quintas, Conway comezou a interesarse nos ordinais infinitos.[7] Parece que o seu interese nos xogos comezou durante os seus anos de estudo no Cambridge Mathematical Tripos, onde se tornou nun ávido xogador de backgammon. Recibiu o doutoramento en 1964 e foi nomeado College Fellow and Lecturer in Mathematics no Sidney Sussex College, Cambridge.[10] Tras deixar Cambridge en 1986, aceptou a cátedra John von Neumann de matemáticas na Universidade de Princeton.[10]

Entre os matemáticos afeccionados, foi coñecido pola súa teoría de xogos combinatorios, en particular por ser o creador edo xogo da vida, que foi presentado por Martin Gardner en 1970.[11] Tamén foi un dos inventores do xogo do drago, así como do phutball e realizou análises detalladas de moitos outros xogos e problemas, como o cubo Soma.

Inventou un novo sistema numérico, os números surreais, que se atopan estreitamente relacionados con certos xogos e foron obxecto dunha novela matemática de Donald Knuth.[12] Tamén ideou unha notación para números extremadamente longos, a notación de frecha encadeada de Conway.

Ata o seu falecemento foi profesor de matemáticas na Universidade de Princeton. En 1981 foi elixido membro da Royal Society.[13]

Faleceu aos oitenta e dous anos en Princeton o 11 de abril de 2020 a causa da COVID-19.[14][2]

Libros editar

  • Conway, J. H. (1970): Regular Machines and Regular Languages
  • Conway, J. H. (1976): On Numbers and Games
  • Conway, J. H.; Berlekamp E. R.; Guy, R. K. (1982): Winning Ways for your Mathematical Plays (2 volumes)
  • Conway, J. H.; Sloane, N.J.A. (1988): Sphere Packings, Lattices and Groups
  • Conway, J. H.; Guy, R. K. (1982): The Book of Numbers
  • Conway, J. H.; Smith D.A. (2003): On Quaternions and Octonions

Notas editar

  1. Davidson, Helen (12 de abril de 2020). "infarto live news: Britain pledges £200m to WHO as lockdowns tighten worldwide". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 12 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Natalini, Roberto. "Il matematico John Horton Conway è morto di Covid-19 all’età di 82 anni". Consultado o 12 de abril de 2020. 
  3. Harris (2015)
  4. Breakfast with John Horton Conway
  5. 5,0 5,1 "CONWAY, Prof. John Horton". Who's Who 2014, A & C Black, an imprint of Bloomsbury Publishing plc, 2014; online edn, Oxford University Press. 
  6. "John Horton Conway". Dean of the Faculty, Princeton University. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2019. Consultado o 03 de novembro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 Mathematical Frontiers. Infobase Publishing. 2006. p. 38. ISBN 978-0-7910-9719-9. 
  8. Roberts, Siobhan (23 de xullo de 2015). "John Horton Conway: the world's most charismatic mathematician". The Guardian. 
  9. Ronan, Mark (18 de maio de 2006). Symmetry and the Monster: One of the greatest quests of mathematics. Oxford University Press, UK. pp. 163. ISBN 978-0-19-157938-7. 
  10. 10,0 10,1 Chang, Sooyoung (2011). Academic Genealogy of Mathematicians. World Scientific. p. 205. ISBN 978-981-4282-29-1. 
  11. Gardner, Martin (outubro de 1970). "Mathematical Games: The fantastic combinations of John Conway's new solitaire game "Life"". Scientific American 223: 120–123. 
  12. Infinity Plus One, and Other Surreal Numbers por Polly Shulman, Discover Magazine, 1 de decembro de 1995
  13. "John Conway". The Royal Society. Consultado o 11 de abril de 2020. 
  14. "John Conway Dies From Coronavirus". 12 de abril de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar