Matemáticas recreativas

As matemáticas recreativas son unha forma de matemáticas desenvolvidas a través da diversión e con fins recreativos e de entretemento, en lugar de investigacións estritas, ou aplicacións en actividades profesionais, ou mesmo por exixencia da educación formal dos estudantes, para achegar as matemáticas a públicos amplos. Aínda que non se limitan necesariamente a unha actividade afeccionada, moitos temas neste campo non requiren coñecementos de matemáticas avanzadas. As matemáticas recreativas implican xogos e crebacabezas matemáticos, que moitas veces buscan sensibilizar a nenos e adultos sen formación na zona, inspirando un maior interese polas matemáticas.[1]

A pesar de carecer dunha definición rigorosa, as matemáticas recreativas teñen unha longa traxectoria, aparecendo xa no libro De Viribus Quantitatis, de Luca Pacioli, as primeiras mencións aos xogos matemáticos, presentando, ademais, unha colección de curiosidades matemáticas. Porén, o primeiro libro dedicado enteiramente á recreación matemática apareceu só en 1624, Problèmes plaisants et délectables, escrito polo matemático francés Bachet de Méziriac. A primeira mención explícita dunha "recreación matemática" atópase nas Récréations mathématiques de Jacques Ozanam, publicada en 1694 e reeditada varias veces.[2]

Exemplos editar

Divulgación editar

En Galiza, diversas agrupacións, medios de comunicación, institucións educativas e personalidades do ámbito científico participaron na divulgación das matemáticas lúdicas. As Xornadas de Matemática Recreativa foron organizadas por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) desde a década de 1990, abordando diversos aspectos das matemáticas recreativas, como os videoxogos como recurso docente.[3] Tamén organizan a Olimpíada Matemática e Rebumbio Matemático, e editan a revista GAMMA e exposicións como Matemáticas para Desfrutar, Xeometría 3D ou Explorando coa Luz, e convocan os premios Arte e Xeometría en Lugo, Concurso de enxeño e entretemento matemático en Santiago de Compostela ou a Feira Matemática na Coruña.[4]

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela organizou exposicións e actividades co obxectivo de achegar a matemática recreativa a públicos de todas as idades, pero especialmente aos máis novos.

A UNED tamén organizou en Ourense un curso universitario de verán dedicado ás matemáticas recreativas, cunha combinación de charlas teóricas e actividades prácticas para os asistentes.[5]

Diversos programas da CRTVG, como Efervesciencia incorporaron seccións con curiosidades matemáticas, desafíos lóxicos e actividades sobre ciencia e matemáticas lúdicas.[6]

Notas editar

  1. Kulkarni, D. Enjoying Math: Learning Problem Solving With KenKen Puzzles Arquivado 01 de agosto de 2013 en Wayback Machine.
  2. "Matemáticas recreativas: ponga a prueba su destreza resolviendo enigmas históricos" (en castelán). 12 de marzo de 2020. Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  3. "Congreso da Coruña". xtec.cat. Consultado o 2023-08-12. 
  4. "Artigos; expos" (PDF). Allegue.com. 
  5. "Matemática recreativa" (en castelán). Consultado o 2023-08-12. 
  6. "Efervesciencia ← Doses de ciencia sen contraindicacións. Mércores as 21 h na Radio Galega. Financiando pola FECYT". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2018. Consultado o 2023-08-12. 

Véxase tamén editar

----

 
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.