Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática

asociación galega

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) é unha asociación galega centrada no ensino das matemáticas.

Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática
Tipoasociación profesional
PaísEspaña
Na rede
https://www.agapema.org/
editar datos en Wikidata ]

Actividades editar

Organiza o Rally Matemático sen Fronteiras, que no 2006 ía pola súa XIV edición, o Rebumbio Matemático, que no 2006 vai no VI Rebumbio e a Olimpíada de 2º de ESO.

Edita a revista GAMMA (GAlicia+ MAtemática) e a colección de monográficos Lemniscata, ademais das actas dos seus congresos. Organiza varias exposicións como Matemáticas para desfrutar, Xeometría 3d e Explorando coa Luz e diversas actividades cos alumnos como Muralla Matemática, Concurso Vázquez Queipo, en Lugo, Concurso de Enxeño e entretemento matemático en Santiago de Compostela ou a Feira Matemática na Coruña.

Convoca o Premio Galicia de Tecnoloxías da Información e Comunicación aplicadas á Educación Matemática en Primaria ou Secundaria e o premio Arte e Xeometría xuntamente co Concello de Lugo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar