Efervesciencia
Efervesciencia é un programa de ciencia da Radio Galega nado en 2006.[1] Efervesciencia está producido pola Universidade de Santiago de Compostela e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECyT).
Presentado por Manuel Vicente, en 2017 celebrou os seus primeiros 10 anos en antena.[2]
Premios
editarEfervesciencia recibiu en dúas ocasións o Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación da Xunta de Galicia (segundo premio na edición de 2008, e o primeiro en 2009), e o Prisma da Casa das Ciencias de divulgación científica en 2013[3].
Notas
editar- ↑ "Programa 1: Hipótese". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2018.
- ↑ Pérez Pena, Marcos (15 de xaneiro de 2018). Praza Pública, ed. "O persoal investigador debe entender que comunicar forma tamén parte do seu traballo". Consultado o 17 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Nós". Efervesciencia. 2015-04-28. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Podcasts de EfervescienciaArquivado 17 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine..
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|