John Warcup 'Kappa' Cornforth, nado en Sidney o 7 de setembro de 1917 e finado en Sussex o 8 de decembro de 2013[1], foi un químico e profesor universitario australiano, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1975.

John Warcup Cornforth
John Warcup Cornforth
Datos persoais
Nacemento7 de setembro de 1917
LugarSidney Australia Australia
Falecemento8 de decembro de 2013 (96 anos)
LugarBrighton
ResidenciaAustralia Australia
Nacionalidadeaustraliano
Cónxuxe
  • Rita Harradence
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Sydney
  • St Catherine's College, Oxford
  • Director de teseRobert Robinson
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Estereoquímica das reaccións catalíticas das enzimas.
  • Influído porLeonard Basser
    Premios
  • Medalla Davy (1968)
  • Premio Nobel de Química (1975)
  • Australiano do ano (1975)
  • Medalla Royal (1976)
  • Medalla Copley (1982)
  • editar datos en Wikidata ]

    Traxectoria editar

    Naceu en Sidney (Australia). O seu pai era inglés e estaba graduado en Oxford. A súa nai, chamada Hilda Eipper era descendente dun ministro alemán. John era o segundo de catro fillos. Na súa infancia viviu en Sidney e na zona rural de Armidale, en Nova Gales do Sur. Aos dez anos de idade diagnosticóuselle unha xordeira profunda (otosclerose). O proceso de perdida de audición durou máis dunha década. Graduouse no instituto de mozos de Sidney. Un dos seus mestres Leonard Basser influíu nel para que se decidise á química. John pensou entón que a súa xordeira podería ser un obstáculo superable na carreira da química.

    Incorporouse ao campo da química orgánica na Universidade de Sydney aos 16 anos de idade onde coñecería á súa muller, Rita e graduouse en 1937. Entón gañou unha bolsa de Exposicións 1851 para traballar en Oxford con Robert Robinson. Rita e el trasladáronse á Universidade de Oxford, no Reino Unido, onde se doutorou en 1941 baixo a supervisión de Robert Robinson. Ese mesmo ano casou con Rita, coa que chegaría a ter tres fillos e dous netos. A segunda guerra mundial estalou cando viaxou a Oxford. John e Rita terían unha profunda influencia nos traballos con penicilina no laboratorio de Robinson.

    Tras a guerra foi nomeado director do Medical Research Council, e entre 1962 e 1975 dirixiu o Laboratorio Milstead de enzimoloxía da Compañía Shell. Posteriormente foi nomeado profesor de química na Universidade de Sussex. Foi nomeado sir pola raíña Isabel II do Reino Unido en 1977.

    Cornforth é membro da Royal Society e aínda segue activo na investigación química na Universidade de Sussex. Isto mostra a súa personalidade, e dános unha visión dun home sorprendente que venceu o obstáculo que supuña a súa xordeira para conseguir unha brillante carreira científica. foi galardoado, ademais doutros grandes premios, co premio ao Australiano do ano en 1975 e coa medalla Copley en 1982.

    Investigacións científicas editar

    Durante a segunda guerra mundial quedou sorprendido sobre os traballos realizados acerca da penicilina. Colaborando coa compañía Glaxo, elaborou un procedemento práctico de obtención de cortisona. Posteriormente realizou investigacións sobre o espectro estereoquímico das reaccións encimáticas. Estableceu a secuencia xenética do ácido mevalónico utilizando técnicas de trazado radioactivo, así mesmo estudou a biosíntese do ácido málico e o ácido cítrico.

    En 1975 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a estereoquímica das reaccións catalíticas das encimas. A outra metade do premio recaeu no químico suízo Vladimir Prelog polos seus traballos sobre a estereoquímica de moléculas e as súas reaccións orgánicas.

    Notas editar

    1. Chang, Kenneth. "John W. Cornforth, 96, Nobel-Winning Chemist, Dies". The New York Times. 

    Véxase tamén editar

    OUtros artigos editar

    Ligazóns externas editar

    Predecesor:
    Paul J. Flory
    Premio Nobel de Química
     

    1975
    con
    Vladimir Prelog
    Sucesor:
    William Lipscomb