John Berkey

artista estadounidense

John Berkey, nado o 13 de agosto de 1932 e finado o 29 de abril de 2008 en Excelsior, Minnesota foi un ilustrador e pintor estadounidense , coñecido polas súas obras realizadas para obras de fantasía e ciencia ficción.

Infotaula de personaJohn Berkey
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1932 Editar o valor em Wikidata
Edgeley, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 2008 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Excelsior, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Algunhas das súas obras de arte inclúen os carteis orixinais da primeira triloxía de Star Wars e o póster do remake de King Kong (1976). John produciu varias artes para a ciencia ficción e a fantasía espacial, con imaxes de naves e estacións espaciais. Está considerado un dos grandes artistas da historia da arte de ciencia ficción. [1]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

John naceu en Edgeley, Dakota do Norte, en 1932, pero pasou gran parte da súa infancia en Aberdeen, Dakota do Sur . Aos seis anos, a súa familia trasladouse a St. Joseph en Montana e finalmente a Excelsior en Minnesota. En 1950, formouse na escola secundaria e uniuse á Minneapolis School of Art.[2]

Carreira editar

Na década de 1960, despois de traballar durante oito anos en Brown & Bigelow, unha axencia de publicidade de Minnesota e comezou a traballar como artista freelance. Pintou obras de arte para calendarios, ademais de crear escenas históricas da expansión cara ao oeste dos pioneiros mediante a construción de estradas e ferrocarrís.[3]

John fixo portadas para varias revistas como Popular Mechanics, Omni, Science Fiction Age, Discover, TV Guide e National Geographic .[4] O éxito das súas portadas de ciencia ficción elevou o seu nome no medio e fixo varias obras de arte para obras de Isaac Asimov, entre elas a de Caves of Steel, estreada en 1972,[5] [6] e para Ben Bova, Philip K. Dick, Robert Heinlein e Glen Cook, entre outros;

Pasamento editar

John morreu o 29 de abril de 2008, na súa casa de Excelsior, aos 75 anos, dunha insuficiencia cardíaca. Sobrevive a súa muller Damaris, coa que estivo casado durante 52 anos, e tres fillos, Brian, Kevin e John. A súa filla Sharon faleceu en 1997.[7]

Notas editar

  1. Michael Heilemann (ed.). "John Berkey & The Mechanical Planet". Consultado o 1 de novembro de 2021. 
  2. Frank, Jane (2003). The Art of John Berkey. ISBN 1843401223. 
  3. John Berkey (ed.). "About — John Berkey". Consultado o 1 de novembro de 2021. 
  4. "Popular Mechanics Art – John Berkey Art". Consultado o 1 de novembro de 2021. 
  5. Greg Ketter, ed. (21 de abril de 2000). "John Berkey" (PDF). Consultado o 1 de novembro de 2021. 
  6. "John Berkey - Artist Biography for John Berkey". Consultado o 1 de novembro de 2021. 
  7. "John Berkey's art inspired the Death Star in 'Star Wars'". Consultado o 1 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.