Johannes Brassart

compositor belga

Johannes Brassart, tamén coñecido como Jean Brasart, nado arredor de 1400 finado a finais de outubro de 1455, foi un compositor e cantante francoflamengo do Renacemento pertencente á chamada escola de Borgoña. Só se conserva música sacra da súa autoría, toda ela representativa do estilo vixente a principios do século XV.[1]

Infotaula de personaJohannes Brassart
Biografía
Nacemento1400 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Lauw Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 1455 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 32186db2-4aec-4f0f-9465-050c16e5486a Discogs: 3678253 IMSLP: Category:Brassart,_Johannes Find a Grave: 21143818 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dáse como moi probable que Brassart nacese na cidade actualmente francesa de Law, na rexión de Alsacia, aínda que en data incerta. Entre 1422 e 1431 frecuentou a igrexa de San Xoán Evanxelista en Liexa, onde traballou como acompañante vocal. A mediados da década de 1420 visitou Roma, cidade na que se estableceu cara a 1431, empregado na capela papal como cantante e probablemente como compositor. A súa participación no coro foi contemporánea ás de Arnold de Lantins e Guillaume Dufay.[2]

Durante esta época, Brassart compuxo os motetes O flos fragrans, que se popularizou ao momento de aparecer en varios manuscritos dese tempo, e Te dignitas presularis.

En 1432 Brassart viaxou a Basilea, para actuar como cantante na capela municipal, e dous anos despois o emperador Sexismundo empregouno como reitor da capela, posto que ocupou ata 1443. En 1445 volveu a Liexa, onde obtivo un posto na Igrexa de San Paulo. Un escrito do 22 de outubro de 1455 pedindo súplicas pola súa alma permite datar o seu falecemento neses días.

Obra editar

A música que se conserva deste período é escasa, e moitos arquivos de Liexa resultaron destruídos cando Carlos o Temerario saqueou a cidade en 1468. Con todo, algunhas obras de Brassart consérvanse, entre elas 11 motetes, 8 introitos e varios movementos de misas.

As súas composicións son típicas do estilo temperán da escola de Borgoña e inclúen técnicas isorrítmicas e de fauxbourdon, así como a habitual cadenza borgoñesa.[3][4] Utilizou tamén adoito a técnica do cantus firmus e, polo xeral, escribiu as melodías na voz aguda.

Os seus introitos atópanse entre os exemplos de polifonía máis antigos coñecidos para esta sección da liturxia.

Discografía editar

  • Arnold de Lantins: Missa Verbum Incarnatum. Capilla Flamenca, Psallentes. (Ricercar CD RIC 207). Contén o motete Ave Maria, de Johannes Brassart.

Notas editar

  1. Johannes Brassart. En Allmusic.com
  2. Johannes Brassart. En Enciclopedia Larousse en liña. (En francés)
  3. Falso bordón (Faux-bordon): frecuente paralelismo 6-3 en dúas voces que cantan sobre a melodía na voz de tenor.
  4. Cadencia baixo terceira.

Véxase tamén editar

Bibliografía
  • Mixter, Keith E. "Johannes Brassart". En New Grove Dictionary of Music and Musicians. Ed. Stanley Sadie. Macmillan. Londres, 2001.
  • Reese, Gustave. Music in the Renaissance. W. W. Norton, 1954. [ISBN 0-393-09530-4]
  • Wright, Peter. "Johannes Brassart". En Grove Music Online. Ed. L. Macy.

Ligazóns externas editar