Johan Fernandez de Ardeleiro
trobador galego do século XIV
Johan Fernandez de Ardeleiro (tamén Johan Fernandez d'Ardeleyro') foi un trobador galego do século XIV.[1] Estudosos como Carolina Michaelis conclúen que é un dos derradeiros trobadores da lírica galego-portuguesa.[1]
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Galicia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | trobador ![]() |
Lingua | Lingua galego-portuguesa ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/77/Monte_San_Adr%C3%AD%C3%A1n.jpg/260px-Monte_San_Adr%C3%AD%C3%A1n.jpg)
Traxectoria
editarDa súa firma dedúcese que pode proceder dun lugar situado no municipio coruñés de Malpica de Bergantiños.[2] Pode ser contemporáneo Johan de Gaia, Estevan dá Garda e do xograr Johan.[1] Foi escudeiro e tivo posesións en Pavia (Mora, Portugal). Puido frecuentar a corte de Don Dinís ou a do conde de Barcelos.[3]
Obra
editarConsérvanse catro obras, son unha cantiga de amor, de esquema estrófico orixinal, e tres cantigas de escarnio e maldicir, dúas delas de autoría dubidosa..[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 http://www.ahlm.es/IndicesActas/ActasPdf/Actas6.2/47.pdf P3 e P8
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-03-29.
- ↑ https://core.ac.uk/download/pdf/61911805.pdf P.9
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-03-29.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.