Johan

xograr leonés do século XIV

Johan foi un xograr leonés do século XIV pertencente á última época da lírica galego-portuguesa.[1] Estaría activo arredor do 1325

Johan
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntrobador
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pola súa obra sábese que era de León (ou canto menos que viviu alí), estivo activo na corte do rei Don Dinís, posteriormente é posible que seguise activo na corte de Afonso IV ou na do conde de Barcelos.[2]

Obra editar

Foi autor dun pranto pola morte de don Dinís e unha cantiga de loor a Afonso IV. [3] Esta cantiga de loor é unha das últimas composicións en galego-portugués conservadas, estaría datada cara ao 1340.[4]

Notas editar

  1. "Cantigas Medievais Galego-Portuguesas". Consultado o 2021-04-10. 
  2. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-04-10. 
  3. "Cantigas Medievais Galego-Portuguesas". Consultado o 2021-04-10. 
  4. "Cantigas Medievais Galego-Portuguesas". Consultado o 2021-04-10. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar