Joe Krabbenhoft
Joseph "Joe" Krabbenhoft, nado o 24 de marzo de 1987 en Spring Valley, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado na Universidade de Wisconsin, xogaba na posición de ala cunha altura de 2,02 metros.
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1987 (37 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,02 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Posición | Ala |
Información da carreira | |
Instituto | Roosevelt (Sioux Falls, Dakota do Sur) |
Universidade | Wisconsin (2005–2009) |
Carreira | 2009–2012 |
Historial de equipos | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarKrabbenhoft xogou durante a súa etapa universitaria na Universidade de Wisconsin cos Wisconsin Badgers de 2005 a 2009,[1] para comezar a súa carreira profesional cos Sioux Falls Skyforce da Liga de Desenvolvemento da NBA. Posteriormente viaxaría a Corea do Sur para xogar no Seoul SK Knights. Despois do seu periplo por Asia chegaría a Europa para xogar na Liga LEB co Lleida, aínda que tan só xogaría alí dous partidos (10 puntos 7 rebotes no primeiro encontro e 15 puntos 8 rebotes no segundo), marchando grazas a unha cláusula do seu contrato ao Panellinios grego, onde xogaría na A1 Ethniki, máxima competición do baloncesto grego, e na Eurocup continental.