Lleida Basquetbol

(Redirixido desde «Lleida Bàsquet»)

O Club Esportiu Lleida Basquetbol foi un club de baloncesto español con sede na cidade de Lleida, Cataluña. Fundado en 1997, militou durante catro temporadas na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. Desapareceu en 2012 por problemas financeiros, tomando o seu relevo como principal equipo da cidade o Força Lleida CE.[1]

Lleida Basquetbol
SalvaArco.JPG
Información xeral
Fundación 1997
Desaparición 2012
Cores           Azul, branco
Localización
Cidade España Lleida, España
Pavillón Barris Nord
Capacidade 6 000
Inauguración 2001
Campionatos
Liga LEB 1 (2001)
Para o actual equipo da Liga LEB, véxase Força Lleida CE.

TraxectoriaEditar

O club foi fundado en 1997 co nome de Club Esportiu Lleida Basquetbol, aproveitando a estrutura do Club Deportivo Maristes de Lleida. Así, o equipo comezaría a súa traxectoria no mundo do baloncesto disputando a Liga EBA no Pavelló Onze de Setembre co nome de patrocinio de Oli Baró de Maials Lleida. Nas súa dúas primeiras temporadas na EBA, o club consegue acadar a permanencia. Na temporada 1999−00, o club compra unha praza para disputar a Liga LEB, segunda cateogría do baloncesto español, co nome de Caprabo Lleida. Na súa primeira temporada nesta categoría acaba en cuarto lugar na liga regular, sendo eliminados nas semifinais polo ascenso polo Lucentum Alicante. Na temporada seguinte o club mellora os seus reultados e consegue proclamarse campión da LEB apó vencer na final ao CB Granada. O Lleida conseguiría así ascender á Liga ACB.

Ante os problemás remodelación do Pavelló Onze de Setembre, que só dispuña de 1 000 cadeiras, insuficientes para os requisitos da ACB, o concello decide construír nun tempo récord de tres meses, o Pavillón Barris Nord con capacidade para 5 000 espectadores. Na súa primeira temporada na ACB, o club consegue acadar os playoffs polo título, sendo eliminados en cuartos de final polo FC Barcelona. Esta primeira temporada sería a mellor clasificación na historia do club. Na temporada 2002−03, o equipo fai efectiva a súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva (SAD). O equipo xoga, ademais, a ULEB Cup, na que chega até cuartos de final da competición, sendo eliminados polo KK Krka Novo Mesto.

Na temporada 2003−04 o equipo participa por segunda vez na ULEB Cup, chegando de novo a cuartos de final, perdendo esta vez ante o Adecco Estudiantes. Na seguinte temporada o equipo empeora as clasificación obtidas nas campañas anteriore e descende á liga LEB. Na segunda categoría permanece catro anos até que en 2009 o club anuncia que a súa débeda acumulada non permite a saída do equipo na LEB, xogando no seuginte ano en Liga EBA, a cuarta categoría do baloncesto español. Na temporada 2010 o club troca a súa praza as prazas co Club Bàsquet Cornellà e volve xogar á liga LEB. Con todo, as dificultades económicas levan ao club á súa disolución. Varios empresarios locais achegaron 180 000 euros para comprar a praza do club na categoría para o novo Força Lleida CE, que recolleu a herdanza do Lleida Baloncesto competindo na Liga LEB Ouro.

PatrociniosEditar

Alén de Lleida Basquetbol, o club tivo outro nomes ao longo da súa historia por motivos de patrocinio:

  • Oli Baró de Maials Lleida (1997–1999)
  • Caprabo Lleida (1999–2004)
  • Plus Pujol Lleida (2004–2009)
  • Avantmèdic Lleida (2009–2010)

XogadoresEditar

DestacadosEditar

AdestradoresEditar

Os seguintes foron os adestradores do Lleida Basquetbol.

PalmarésEditar

Liga LEB

  • Campións (1): 2001

Lliga Catalana

  • Campións (2): 2002, 2003
  • Subcampións (1): 2004

HistorialEditar

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1997–98 3 EBA 18–8
1998–99 3 EBA 12º 12–18
1999–00 2 LEB 19–11 Copa Príncipe CF
2000–01 2 LEB 22–8 Copa Príncipe SF
2001–02 1 ACB 19–15
2002–03 1 ACB 11º 16–18 2 Copa ULEB CF 8–6
2003–04 1 ACB 16º 13–21 2 Copa ULEB CF 10–4
2004–05 1 ACB 17º 9–25
2005–06 2 LEB 14º 14–20
2006–07 2 LEB 10º 17–17
2007–08 2 LEB Ouro 19–15
2008–09 2 LEB Ouro 10º 18–16
2009–10 4 EBA 11–13
2010–11 2 LEB Ouro 12º 13–21
2011–12 2 LEB Ouro 20–14

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar