Jetze Doorman

Jetze Doorman, nado en Balk o 2 de xullo de 1881 e finado en Breda o 28 de febreiro de 1931, foi un militar, patinador, tirador de esgrima e pentatleta neerlandés, gañador de catro medallas olímpicas

Jetze Doorman
A LA SALLE D’ARMES DE VOS, LA HAYE.jpg
Nacemento2 de xullo de 1881
Lugar de nacementoBalk
Falecemento28 de febreiro de 1931
Lugar de falecementoBreda
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Alma máterCadettenschool e Koninklijke Militaire Academie
Ocupaciónpatinador de velocidade, esgrimista, pentatleta e oficial
PremiosKnight of the Order of Orange-Nassau, Officers' Cross, Ofiacial da Orde das Palmas Académicas, Olympic Participation Medal 1912, Order of the Black Eagle, Albania, Decoration for Services to the Red Cross e Medal for the Accession of Prince William of Wied
Na rede
Olympic.org: jetze-doorman Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou na Academia militar, licenciándose como subtenente. En 1906 participou nos Xogos Intercalados e en 1907 era campión europeo de sabre. En 1908 competiu nos Xogos Olímpicos de Londres sen lograr medalla. En 1909 foi campión neerlandés de sabre. Meritorio patinador en 1912 participou no segundo Alvestêdetocht que non completou ao parar para salvar dous participantes que caeran no xeo. En 1913 pouco antes do comezo da Primeira Guerra Mundial foi destinado a Albania como membro da Xendarmería Internacional volvendo aos Países Baixos durante a guerra, en 1918 ascendeu a capitán de artillería. Tras a fin da guerra, volveu á competición, foi medalla de bronce en sabre por equipos nos Xogos Olímpicos de 1920 e 1924