Alvestêdetocht (Volta ás once cidades, en neerlandés Elfstedentocht) é unha carreira por tiradas de patinaxe sobre xeo natural que se celebra irregularmente en Frisia organizado pola Koninklijke Vereniging De Friesche Elf Steden.

Percorrido de 1997 (en dirección das agullas do reloxo).
Vídeo da edición de 1954 (comentarios en neerlandés).

Desenvolvemento editar

A volta, de case 200 km, transcorre por canles, ríos e lagos conxelados entre as once cidades históricas de Frisia: Ljouwert, Snits, Drylts, Sleat, Starum, Hylpen, Warkum, Boalsert, Harns, Frjentsjer e Dokkum para volver de novo a Ljouwert. O clima de invernía frisón non permite a súa realización anual, só cando é o suficientemente rigoroso para formar unha tona de xeo cun mínimo de grosor que garanta a seguridade dos participantes, que se fixa nun mínimo 15 centímetros de xeo en todo o percorrido da carreira, aínda que se permite a existencia dos chamados puntos klune, onde o espesor non permite o paso masivo de participantes e teñen que quitar os patíns ata chegaren ao seguinte punto con bo xeo, para alén os 22 xefes de distrito da organización convocante teñen que dar o seu consentimento expreso á realización da proba. Arredor de 16.000 participantes afeccionados e 300 competitivos participan no evento [1] e teñen que ser membros da asociación convocante. Desde a primeira edición en 1909 celebráronse un total de quince edicións, a última en 1998. Cada vez que se realiza crea expectación en todos os Países Baixos desde que en Frisia se sucenden as temperaturas baixo cero durante algúns días que culminan cando se anuncia a súa celebración coa frase en frisón: "It giet oan" (vai ser). O evento transmítese por televisión e atrae a gran cantidade de turistas.

Historia editar

 
Competidores a primeira edición (1909)

Os patíns utilízabase para percorrer distancias longas en Frisia desde antigo, xa que eran poucos os que dipuñan dun cabalo, consérvase un poema de 1760 de Van Boelens[2] que fala do percorrido en patíns entre as once cidades nun día. Na súa forma moderna establecuse en 1890 cando Pim Mulier concibiu a idea de organizar unha volta entre as cidades que non se puxo en práctica ata 1909 por vez primeira, logo desta primeira carreira estableceuse a Vereniging De Friesche Elf Steden (Asociación das Once Cidades Frisoas) [3] para se facer cargo da organización.

A Elfstedentocht de 1963 recórdase pola súa dureza, só o 1% dos participantes remataron a carreira debido ás temperaturas estremadamente baixas, de ata -18 °C e polo vento forte do oeste, o seu gañador, Reinier Paping, converteuse nun heroe nacional e a volta en lenda.[4][5]

Despois do de 1963 o seguinte con aconteceu ata 1985,e rematou prematuramente, ás 22:00 polo desxelamento.

Gañadores editar

 
Bullemûne, xunto coa canle "Bonke-vaart" é o punto final da carreira

O tempo do gañador dáse en horas e minutos.

Ano Gañador Tempo Distancia Velocidade media
1909 [Rev] Minne Hoekstra 13:50 189 km 13.7 km/h
1912 Coen de Koning 11:40 189 km 16.2 km/h
1917 Coen de Koning 9:53 189 km 19.1 km/h
1929 Karst Leemburg 11:09 191 km 17.1 km/h
1933 Abe de Vries e

Sipke Castelein

9:53 195 km 19.7 km/h
1940 Piet Keijzer

Auke Adema Cor Jongert Durk van der Duim e Sjouke Westra

11:30 198.5 km 17.3 km/h
1941 Auke Adema 9:19 198.5 km 21.3 km/h
1942 Sietze de Groot 8:44 198 km 22.7 km/h
1947 Jan van der Hoorn 10:51 191 km 17.6 km/h
1954 Jeen van den Berg 7:35 198.5 km 26.2 km/h
1956 Non se declarou gañador (**) 190.5 km
1963 Reinier Paping 10:59 196.5 km 17.9 km/h
1985 Evert van Benthem 6:47 196.8 km 29.0 km/h
1986 Evert van Benthem 6:55 199.3 km 28.8 km/h
1997 Henk Angenent 6:49 199.6 km 29.3 km/h

Non se permitiu participar ás mulleres na sección competitiva ata a edición de 1985, só podían participar como afeccionadas

(**) Despois que en 1933 e 1940 os que ían en cabeza decidiran non competir senón darse a man e cruzar xuntos, a organización decidiu prohibir esta práctica. Malia todo Jan van der Hoorn, Aad de Koning, Jeen Nauta, Maus Wijnhout e Anton Verhoeven ignorándoa cruzaron ao unísono a meta. Non foron descalificados pero a organización non declarou gañador.

Tiradas editar

As distancias entre as cidades poden variar dependendo da ruta exacta, danse as da edición de 1997.

Notas editar

  1. Rodney P. Carlisle Encyclopedia of Play in Today's Society, Vol. 1, p. 419
  2. Honderd jaar Elfstedentocht
  3. "Web oficia". Consultado o 11/1/2011. 
  4. "Alles van de Elfstedentocht 1963" [All about the Elfstedentocht 1963] (en Dutch). Sportgeschiedenis.nl. Consultado o 11/1/2011. 
  5. Ann MacDunn (Nauary 2009). "Elfstedentocht 1963 of in het Fries: Alvestêdetocht". Fotoalbums van Ann MacDunn. Consultado o 11/1/2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar