Sleat (en holandés: Sloten) é unha cidade do concello de De Fryske Marre en Frisia. Localízase preto do lago Sleattemer, entre De Lemmer e Balk. Con 715 habitantes[1], é a máis pequena das once cidades frisoas. Dende 1851 ata a reforma municipal de 1984, Sleat tivo o seu propio concello, que limitaba con Gaasterland, Doanjewerstaal e Lemsterland. Logo pertenceu ao municipio de Gaasterlân-Sleat ata o 1 de xaneiro de 2014.

Modelo:Xeografía políticaSleat
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 52°53′38″N 5°38′42″L / 52.894, 5.645Coordenadas: 52°53′38″N 5°38′42″L / 52.894, 5.645
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasFrisia
ConcelloDe Fryske Marren (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación704 (1930) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal8556 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código BAG1684 Editar o valor em Wikidata

Páxina websloten.nl Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
Sleat en 1664
 
Muíño De Kaai (1755)
 
Igrexa Reformada (1647)
 
Igrexa católica de San Federico (1933)

A orixe de Sleat foi unha fortaleza, propiedade da familia Van Harinxma thoo Slooten, do século XIII construída onde o camiño de Gaasterlân a Doanjewerstâl cruzaba a vía de auga que ía dende Snits ata Teakesyl. Nun documento do 30 de agosto de 1426 xa figuraba como cidade. En 1523 foi a última cidade frisoa en caer en mans dos herdeiros do conde de Holanda. No asedio de Sleat en 1523, no que estaban acampadas tropas frisoas e de Gueldres resultou ferido Jan van Wassenaar, o derradeiro cabaleiro holandés en morrer na loita pola conquista de Frisia. Esta a súa localización privilexida, na vía fluvial que ía de Snits ata o antigo Zuiderzee e que en Sleat cruzaba coa estrada de Alemaña a Starum posibilitaba exercer un control estratéxico sobre a rexión.

Durante a Guerra dos oitenta anos Sleat gozou dunha importante posición clave, os españois intentaron conquistar a cidade agochando homes nun buque de guerra mais a estratexia falloulles. No final da segunda guerra mundial os alemáns voaron a ponte sobre o Ie para evitar o avance das tropas canadenses.

En 1984 Sleat perdeu a súa independencia municipal coa incorporación ao novo concello de Gaasterlân-Sleat ao se fusionar con Gaasterlân. A partir do 1 de xaneiro de 2014, Gaasterlân-Sleat xuntouse con Lemsterlân, Skarsterlân e a vila de Terherne do antigo concello de Boarnsterhim para formaren o novo concello de De Fryske Marren.

Na época contemporánea, Sleat perdeu a súa importancia estratéxica. A cidade atrae agora a moitos deportistas acuáticos e visitantes ocasionais. No lado sur da cidade construíuse un porto deportivo na década de 1970 onde tamén hai algunhas empresas dedicadas aos deportes acuáticos. Tamén hai unha gran fábrica na cidade da empresa Nutreco. E ademais, hai moita gandería na zona que forma unha base moi importante da economía local.

Consérvase case integramente a estrutura orixinal de cidade fortificada. A fortaleza deseñouna Menno van Coehoorn, un coñecido deseñador de fortificacións e que está enterrado no veciño Wikel. A cidade ten forma de cebola, e á propia cidade leva como alcume sipelstêd ("cidade cebola").

A cidade é unha dos lugares polos que transcorre a Alvestêdetocht.

Notas editar