Abrir o menú principal

Jesús Navas González, nado en Los Palacios y Villafranca (Sevilla) o 21 de novembro de 1985, é un futbolista español. Actualmente xoga de extremo dereito e mediapunta no Sevilla FC.

Jesús Navas
Navas v Southampton 2017.jpg
Navas antes dun partido co Sevilla FC en 2017.
Información persoal
Nome completo Jesús Navas González
Nacemento 21 de novembro de 1985 (33 anos)
Lugar Los Palacios y Villafranca, España
Altura 1,72 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Sevilla
Número 16
Carreira xuvenil
1998–2000 Los Palacios
2000–2003 Sevilla
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2004 Sevilla B 33 (3)
2003–2013 Sevilla 280 (23)
2013–2017 Manchester City 123 (4)
2007– Sevilla 21 (1)
Selección nacional
2004–2005 España sub-21 5 (0)
2009– España 35 (3)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 21 de febreiro de 2018.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 6 de marzo de 2014.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]

Índice

TraxectoriaEditar

UD Los PalaciosEditar

A carreira futbolística de Jesús Navas comezou na súa vila, no equipo local, a Unión Deportiva Los Palacios onde se formou como xogador e conseguiu chamar a atención de Pablo Blanco, técnico do Sevilla FC.

Sevilla AtléticoEditar

Jesús Navas chegou ao Sevilla Atlético con 16 anos. Xogou 10 partidos co filial sen marcar na tempada 2002-03. Ao ano seguinte obtivo a confianza do adestrador e chegou a disputar 22 partidos en liga, marcando en tres ocasións. Navas prometía, e como resultado do seu gran xogo a tan nova idade chegou o ascenso ao primeiro equipo, o Sevilla Fútbol Club, no que xogou en 5 ocasións antes de que terminase a tempada.

Sevilla FCEditar

Na tempada 2004-05, Jesús Navas continuou no filial para gañar máis experiencia. Pero tras 4 partidos o adestrador requiriu os seus servizos para o primeiro equipo. Xogou 23 partidos en liga e marcou en dúas ocasións. O 4 de maio de 2005 asinou unha renovación do seu contrato á alza motivada polo seu bo xogo que lle liga ao club ata 2010.

Na tempada 2005-06, o Sevilla gañou a súa primeira Copa da UEFA e Navas xogou os 12 partidos, incluída a final contra o Middlesbrough. En agosto de 2006 recibiu unha oferta do Chelsea pero rexeitouna. Na liga, Navas estivo constantemente nas listas de mellores xogadores, entrando no 'Top 50' da Revista Don Balón.

Nas tres seguintes tempadas, Navas continuou tendo regularidade no Sevilla, sendo ademais o máximo asistente e marcando nove goles. Constribuíu no título da Copa do Rei na tempada 2007-08, e tamén no terceiro posto acadado na liga a seguinte tempada.

Na tempada 2009-10, Navas xogou máis de 50 partidos oficiais e marcou en partidos decisivos, como o partido da última xornada contra o Almería, no que o Sevilla quitou do cuarto posto ao Mallorca co seu triunfo por 3-2. O 19 de maio de 2010 pechou a conta goleadora do seu equipo co 2-0 na final da Copa do Rei contra o Atlético de Madrid.

A tempada 2010-11 estivo marcada polas súas lesións e disputou menos da metade dos partidos do Sevilla. O 13 de marzo de 2011 marcou de cabeza en casa o empate a un contra o FC Barcelona, no que foi o único gol que marcou na tempada.

Selección nacionalEditar

Foi internacional coa Selección de fútbol sub-21 de España.

Durante a súa etapa no Sevilla FC o xogador foi requirido por Luis Aragonés para formar parte da Selección española absoluta. A ansiedade impediulle incorporarse a algunhas concentracións pero grazas á axuda dos psicólogos do club, xa non volveu producirse.[2]

O 14 de novembro de 2009 Navas debuta coa Selección de España, xunto ao seu compañeiro Diego Perotti (que xogaba contra el), nun partido amigable ante Arxentina. Nese partido, España impúxose por 2-1.

O 20 de maio de 2010 foi convocado para o Mundial de Suráfrica. E o 3 de xuño marca o seu primeiro gol ante Corea do Sur (1-0) que dá a vitoria nun partido de preparación para o Mundial. O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Navas tamén foi seleccionado para xogar a Eurocopa 2012, onde apareceu en varios partidos nas segundas partes. O 18 de xuño de 2012 marcou no minuto 87 o único gol do partido contra Croacia, o último da fase de grupos que clasificaba a España como primeira. O 1 de xullo de 2012 proclamouse campión de Europa coa selección española.

Participacións en Copas do MundoEditar

Mundial Sede Resultado
Mundial 2010   Suráfrica Campión

Participacións en EurocopasEditar

Eurocopa Sede Resultado
Eurocopa 2012   Polonia
  Ucraína
Campión

Selección andaluzaEditar

Foi convocado en numerosas ocasións pola Selección de Andalucía, onde ata chegou a marcar un gol desde o medio do campo ante a selección do Xapón.

EstatísticasEditar

Actualizado o 20 de xuño de 2012.

Equipo Tempada Liga Copa Europa Supercopas Total
PX Goles Asist. PX Goles Asist. PX Goles Asist. PX Goles Asist. PX Goles Asist.
  Sevilla FC 2003–04 8 0 0 8 0 0
2004–05 21 2 1 1 1 0 5 0 1 27 3 2
2005–06 34 2 1 2 0 0 12 0 2 48 2 3
2006–07 29 1 0 5 1 0 7 0 1 1 0 2 42 2 2
2007–08 36 4 9 4 0 1 10 0 2 3 0 0 53 4 12
2008–09 35 4 13 8 1 2 6 0 0 49 5 15
2009–10 34 4 13 9 4 3 8 2 2 51 10 18
2010–11 15 1 5 5 0 1 6 1 1 2 0 0 28 2 7
2011–12 37 5 14 4 0 0 2 0 0 43 5 14
Total 249 23 56 38 7 7 56 3 9 6 0 1 349 33 73
Total carreira 249 23 56 38 7 7 56 3 9 6 0 1 349 33 73

PalmarésEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar