Jesús Posada
(Redirección desde «Jesús María Posada Moreno»)
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Jesús María Posada Moreno, nado en Soria o 4 de abril de 1945 é un político e funcionario español.
Traxectoria
editarFoi gobernador civil de Huelva (1979-1981), presidente da Xunta de Castela e León (1989-1991) e ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación (1999-2000) e de Administracións Públicas (2000-2002) do Goberno español. É deputado pola provincia de Soria dende 1993 e dende o 31 de decembro de 2011 até o 27 de outubro de 2015 foi o presidente do Congreso dos Deputados.[1]
Notas
editar- ↑ "Sitio oficial do Congreso". Consultado o 01-06-2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jesús Posada |