Jesús Lago González

guerrilleiro antifranquista galego
(Redirección desde «Jesús Lago Fernández»)

Jesús Lago González,[1] coñecido como Petrillas, nado no antigo concello de Lavadores (Vigo) cara a 1900 e finado en Vigo o 24 de outubro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJesús Lago González
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
Lavadores, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 1940 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPetrillas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Dirixiu un grupo dunha ducia de guerrilleiros que actuaron na contorna de Cabral e Navia até 1939. O grupo estaba formado por Enrique Cameselle García, José Almeida Otero, Antonio Rodríguez Posada, Luciano Janeiro Valente, Vicente Guillén Biel e Manuel Rodríguez Fernández. Foron acusados polas autoridades de estar detrás da morte de Amelia Alonso, propietaria dunha granxa en Cabral, e José Navas, que veu no seu socorro, a principios de 1939. Uniuse ao grupo de José e Rogelio García Morales, os Maletas. O 15 de outubro de 1939, o grupo foi rodeado pola Garda Civil en Vilar de Infesta (Redondela) e Jesús foi o autor do tiro accidental que feriu gravemente ao seu compañeiro Rogelio García, pero conseguiu escapar. Denunciado por tres dos seus excompañeiros, foi capturado o 21 de setembro de 1940. As autoridades acusárono dunha morte en 1936, varios atracos nos anos posteriores e da morte da propietaria da granxa en Cabral e do seu veciño. Foi xulgado en consello de guerra e condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Puxeiros con Antonio Rodríguez Posada, Luciano Janeiro Valente, José Almeida Otero e Enrique Cameselle García, o 24 de outubro de 1940.[2] Outro dos condenados, Juan Manuel Rodríguez Fernández, logrou fuxir no momento de iniciarse a execución.

Vida persoal editar

Casou con Amparo Alonso.

Notas editar

  1. Nalgunhas fontes aparece como Jesús Lago Fernández
  2. El Pueblo Gallego, 25-10-1940, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 85. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar